Home O Morrazo Marín O BNG sae do 28M como a alternativa ao PP

O BNG sae do 28M como a alternativa ao PP

- Anuncio -

O BNG considera que estamos ante o inicio da fin dunha era. O PP gañou estas eleccións, mais perdeu 3 representantes. É, pois, un goberno en declive.

Pola contra, o BNG está á alza. O BNG conseguiu xenerar unha corrente de ilusión e acadou uns resultados extraordinarios con 4 representantes, unha base sólida para ser a alternativa ao PP e acadar o goberno municipal en 2027.

O BNG quere destacar en primeiro lugar o exemplo de civismo democrático amosado pola veciñanza de Marín, nunha xornada electoral caracterizada pola normalidade e a ausencia de incidentes.

Mais o BNG lamenta a falta de previsión por parte do Concello de Marín en canto á falta de accesibilidade en varios colexios electorais, que dificultaron o exercicio do dereito de voto para as persoas con mobilidade reducida. Máis aínda, a falta de accesibilidade no IES Illa de

Tambo supuxo importantes dificultades a 2 apoderadas do BNG para o correcto desempeño das súas funcións. O BNG considera que esta situación evidencia a falta de sensibilidade do goberno popular coas persoas con mobilidade reducida.

O BNG expresa o enorme agradecemento ás 1.989 persoas que confiaron no BNG nestas eleccións. Así como tamén a toda a militancia, simpatizantes e colaboradores/as que se mobilizaron dun xeito exemplar nunha campaña marcada pola enorme ilusión e o compromiso.

En canto aos resultados, o BNG parabeniza ao PP polo seu triunfo nestas eleccións municipais e manifesta o máis absoluto respecto ante o resultado da vontade popular, como non podía ser doutro xeito.

Dito isto, o BNG considera negativo para Marín o triunfo do PP. Dada a proposta de continuidade que presentaba o PP nestas eleccións é de agardar que nos vindeiros 4 anos os problemas que padece o noso concello, e que se ven reflectidos na dramática perda de poboación, se vexan agravados.

Mais o BNG considera que estamos ante o inicio da fin dunha era. O PP gañou estas eleccións, mais perdeu 3 representantes. É, pois, un goberno en declive.
Pola contra, o BNG está á alza. O BNG conseguiu xenerar unha corrente de ilusión e incrementou a súa representación en 3 representantes. O BNG configurou un grandísimo equipo e presentou un programa serio e rigoroso, unha folla de ruta clara e concreta para reverter a grave situación de deterioro xeral que presenta o noso concello e que guiará a nosa actuación nos vindeiros anos.

Este equipo traballou con moitísima ilusión nos últimos 9 meses e foi quen de trasladar esa ilusión a unha parte da sociedade que se volcou co BNG durante a campaña e na xornada electoral.

O BNG acadou uns resultados extraordinarios con 4 representantes. Son os mellores resultados do BNG desde o ano 2007, cando se acadaron 5 representantes, e igualouse o terceiro mellor rexistro da historia do BNG. O BNG subiu 1.110 votos, pasando do 7,21% ao 17,40%, o que supón un incremento do 141,33%.
Como aspecto negativo está o feito de que non se conseguiu o obxectivo de acadar o suficiente número de votos e representantes que permitira a constitución dun goberno alternativo ao PP.
Mais o BNG está profundamente satisfeito e ilusionado con estes resultados. Son uns resultados extraordinarios e agora o BNG ten un grupo de concelleiros/as que traballará arreo por e para a veciñanza de Marín, unha base sólida para ser a alternativa ao PP e acadar o goberno municipal en 2027.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas