Home Pontevedra Deza Dende cetrería e tiro con arco ata mostra de cans de caza...

Dende cetrería e tiro con arco ata mostra de cans de caza ou talleres sobre fauna galega, as propostas de Fecap Abanca 2023

- Anuncio -

ESTE CERTAME DE CAZA, PESCA E NATUREZA CELEBRARÁ A SÚA CUARTA EDICIÓN DO 8 AO 11 DE XUÑO DE FORMA PARALELA Á FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA

A IX Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca 2023, a cal se celebrará do 8 ao 11 de xuño xunto á feira Abanca Semana Verde, volverá ser punto de encontro de empresas e afeccionados.

En canto á súa área expositiva, contará con produtos e servizos para a práctica destas actividades, destacando a presenza de diversas armerías. Respecto ao seu programa de actividades, terán gran protagonismo as propostas relacionadas coa caza, na súa maioría realizadas pola Federación Galega de Caza.

Levaranse a cabo exhibicións participativas de tiro con arco nas que poderán intervir todos os interesados. Sumaranse competicións como as probas oficiais da liga Autonómica de Agility e tamén a Copa Federación Abanca Semana Verde de Galicia. Celebrarase ademais a III Presentación de Cans de Caza, na cal se irán mostrando de forma individual numerosos exemplares de diversas razas de caza tanto maior como menor, á vez que o presentador, Rafael Sánchez Malvar, explicará aspectos como as súas características, procedencia, calidades e para que modalidade de caza son máis axeitados.

Para os máis novos haberá demostracións de agility e habilidades caninas e tamén un biotopo, cunha área pensada para recuperar os coellos de monte, cuxa poboación está minguada como consecuencia de enfermidades, unha na que se poderá ver nunha incubadora a eclosión de ovos de perdiz e outra na que se mostrarán diversas especies cinexéticas que se utilizan para repoboar. Ademais, haberá un taller permanente de pintura sobre fauna galega e modalidades de caza impartido pola pintora mindoniense Irma María Loureiro, e entre cuxos participantes se sorteará un retrato personalizado en óleo.

Ademais, repetirá o simulador “Sim Way Hunt”, un sistema virtual para aprender a adestrar o tiro sobre obxectivos en movemento con gran éxito entre o público.

Por outra banda, a Mesa Galega pola Caza contará cunha exposición de trofeos de caza.

Actividades de cetrería

Durante o certame levaranse a cabo exhibicións de voo de aves de cetrería, ademais dunha exposición permanente de exemplares e actividades para nenos. Así mesmo, a cetreira Nuria Gallego estará coa súa aguia de Harris, chamada Hermione, dando a coñecer ao público as súas virtudes para a cetrería.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas