Home Ourense O Concello aproba o proxecto de execución dun muro de contención no...

O Concello aproba o proxecto de execución dun muro de contención no Colexio Cisneros e declara a emerxencia das obras de reparación da rúa Celso Emilio Ferreiro

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local en funcións do Concello de Ourense aprobou, na súa xuntanza desta mañá, o proxecto básico e de execución dun muro de contención no Colexio Cardenal Cisneros co edificio situado na rúa Fonte do Monte, número 7, no lugar que se producira un desprendemento tres meses atrás que obrigou a desaloxar a catro familias. O proxecto ten un orzamento base de licitación de 131.814,36 euros, IVE engadido. Na mesma sesión, celebrada no salón de plenos, aprobou declarar que procede a tramitación de emerxencia das obras de reparación da rúa Celso Emilio Ferreiro, logo da rotura da canalización da rede de saneamento. A Xunta Local deu conta de 23 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais.

Licenzas (6)

Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto modificado do proxecto básico e de execución de reforma dunha vivenda unifamiliar en Regoalde

Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa García Mosquera

Aprobar o proxecto de execución para a construción dun edificio de vivendas formado por baixo máis tres plantas na rúa Liberdade

Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de adaptación dun baixo a vivenda nun edificio na rúa Serra de Queixa

Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de substitución e modernización do ascensor dun edificio da rúa Remedios

Conceder unha segunda prórroga, polo prazo de 6 meses, para iniciar as obras do proxecto básico e de execución de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Río Arnoia

Disciplina (1)

Aprobar o proxecto básico e de execución de muro de contención no Colexio Cardenal Cisneros co edificio situado na rúa Fonte do Monte número 7, cun orzamento base de licitación de 108.937,49 euros e un IVE de 22.876,87.

Patrimonio (2)

Desestimar as reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por dous particulares polas lesións sufridas por senllas caídas na rúa Río Corzos e na Praza da Marina, nos dous casos porque non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización

Infraestruturas (1)

Iniciar o expediente dirixido á validación e pagamento das obras do modificado do proxecto de humanización da rúa da Concordia

Persoal e Recursos Humanos (1)

Abono de custas xudiciais por importe de 250 euros

Alcaldía (1)

Declarar que procede a tramitación de emerxencia (establecida no artigo 120 da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público) respecto das obras de reparación que son necesarias pola rotura da canalización de saneamento na rúa Celso Emilio Ferreiro. O acordo, incluído por vía de urxencia na sesión desta mañá da xunta de goberno, ten como finalidade axilizar a execución dos traballos de reparación que resulta imprescindible realizar de xeito inmediato.

Asesoría xurídica (1)

En execución da sentenza ditada polo Xulgado do contencioso administrativo numero 1, aprobar a modificación e ampliación da concesión de dominio publico outorgada definitivamente por acordo da Xunta de Goberno local de 20 de maio de 2019 en réxime de adxudicación directa, de determinados espazos no subsolo dos espazos libres públicos necesarios para a construción dun numero suficiente de prazas de aparcamento, a instancia da Xunta de Compensación do Polígono 4 do SU 25 do PGOU de Ourense (na zona da residencia universitaria de Ourense). De conformidade co establecido no prego de cláusulas administrativas, a concesión iniciarase co outorgamento das licenzas de ocupación dos edificios.

Avogacía Consistorial (10)

Sentenzas -7

A Xunta local deu conta da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima o recurso presentado polo Concello contra unha resolución do Xulgado do Contencioso número 1 que estimou o recurso presentado por unha comunidade de propietarios e anulou a instrución sobre condicións xerais para a autorización de instalación de terrazas de veladores na vía pública. O Concello recorrerá esta sentenza en casación, diante do Tribunal Supremo.

Tamén tomou coñecemento de 3 sentenzas ditadas polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense:

A que estima o recurso dunha particular contra un decreto da concellería de Urbanismo

A que desestima o recurso interposto por unha compañía de seguros relativo a unha reclamación de responsabilidade patrimonial

A que complementa unha sentenza anterior que estima o recurso dun particular e anula as liquidacións do imposto de bens inmobles (IBI) de varios exercicios

Tamén doutras 3 sentenzas do número 1:

A que estima parcialmente o recurso presentado pola empresa concesionaria do servizo de limpezas de dependencias municipais que reclamaba o pagamento de varias facturas

A que desestima o recurso dun particular en relación a unhas liquidacións polo imposto de plusvalía

A que estima o recurso dun traballador municipal e lle recoñece a realización de funcións de superior categoría

Comparecencias -3

O Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense nos procedementos abreviados interpostos por danos nun vehículo e por unha infracción da Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade; e diante do número 1, no procedemento interposto por unha empresa contra un decreto da Concellería de Urbanismo.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Publicacións Relacionadas