Home O Morrazo Marín Publicada a licitación para a explotar o quiosco da Finca de Briz...

Publicada a licitación para a explotar o quiosco da Finca de Briz por cinco anos

- Anuncio -

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou esta mañá o anuncio da licitación para renovar a concesión do quiosco que se atopa na Finca de Briz. Este espazo, que é un módulo prefabricado en pleno corazón da finca e cunha terraza de 12 metros cadrados de espazo, é un ben de dominio público, que está destino á venda de produtos alimenticios, lambetadas e/ou bebidas.

Tal e como se pode ler no prego, o quiosco entrégase nas condicións nas que se atopa actualmente, sendo de conta da persoa adxudicataria os labores de limpeza e posta a punto do mesmo para o exercicio da actividade.

Unha vez que o concesionario leve a cabo as adaptacións no quiosco, estará obrigado a conservalo en perfecto estado, debendo entregalo nas mesmas condicións no momento de rematar a concesión. Serán por conta do concesionario todas as obras de reforma, reparación, conservación e mantemento que deban facerse no quiosco.

O prazo de duración da concesión será de cinco anos, a contar desde o día seguinte á firma do documento administrativo no que se formalice a concesión.
Este prazo ten o carácter de improrrogable, polo que, unha vez cumprido o mesmo, reverterá o quiosco a este Concello.

O canon a satisfacer pola concesión terá o carácter de taxa, conforme á ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación privativa ou aproveitamento especial de dominio público. O canon mínimo fíxase en 607,93 euros anuais. As persoas licitadoras determinarán na súa proposición o canon que ofertan, que en ningún caso poderá ser inferior a esa contía.

O horario de apertura e peche do quiosco rexerase polo establecido en cada momento na normativa autonómica de comercio interior e horarios comerciais, sendo como mínimo o seguinte: nos meses de outubro a abril, de luns a venres de 16:30 a 18:00 e fins de semana e festivos de 11:00 a 19:00, e nos meses de maio a setembro, toda a semana de 11:00 a 20:00.

Presentación de ofertas

A presentación de ofertas, eealizarase exclusivamente a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, no seguinte enderezo electrónico:
https://contrataciondelestado.es, de acordo co previsto na Guía dos Servizos de
Licitación Electrónica para Empresas que poderán atopar no seguinte enlace:
https://contrataciondelestado.es/wps/portal/guiasAyuda.
O prazo será de 30 días hábiles desde hoxe.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas