Home Pontevedra O BNG de Vigo esixe a anulación dos chalés VIP de Cabo...

O BNG de Vigo esixe a anulación dos chalés VIP de Cabo Estai tras un novo informe sobre a ilegalidade das licenzas

- Anuncio -

A fronte nacionalista advirte a concelleira de Urbanismo e o alcalde que poden incorrer nun delito se legalizan pola porta de atrás o pelotazo urbanístico en primeira liña de costa

Xabier P. Igrexas: “Non podemos ter urbanismo á carta en función dos apelidos dos promotores, temos que rematar cos tempos da barra libre urbanística na cidade”

O Bloque Nacionalista Galego esixe a anulación definitiva das licenzas para a construción de seis chalés VIP en Cabo Estai. Así o anunciou este xoves o candidato e futuro portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após un novo informe da Secretaría Xeral do Pleno, con data 30 de maio, no que o máximo funcionario municipal ratifica a ilegalidade das actuacións, como xa advertira noutro informe o pasado 17 de abril.

“O BNG queremos advertirlle á concelleira de Urbanismo, María José Caride, e ao alcalde, Abel Caballero, que non imos permitirlle que intenten legalizar pola porta de atrás este pelotazo urbanístico en primeira liña de costa”, afirmou Igrexas, que valorou que os informes da Secretaría Xeral acreditan de forma “incontestábel” que Caride outorgou estas licenzas de forma ilegal.

O futuro portavoz do BNG lembrou que xa interpelou durante o mandato en reiteradas ocasións sobre estas licenzas, e afeou que a única actuación por parte da edil de Urbanismo fora a suspensión cautelar dos efectos das mesmas. “Caride tentou a través de outros informes saltar as conclusións contundentes da Secretaría Xeral. Exactamente para quen traballa? Para os intereses xerais do cidade ou para facilitar unha operación urbanística duns particulares?”, cuestionou.

“Non podemos ter urbanismo á carta en función dos apelidos dos promotores, temos que rematar cos tempos da barra libre urbanística na cidade”, remachou Igrexas, que advertiu aos responsábeis do Goberno municipal que “ditar de xeito arbitrario resolucións ilegais e inxustas” suporía incorrer nun delito de prevaricación administrativa castigada polo artigo 404 do Código Penal.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas