Home Vigo O Porriño Formaliza a doazón de terreos para ampliación do Centro Cultural de Mosende...

Formaliza a doazón de terreos para ampliación do Centro Cultural de Mosende e acondicionamento da súa contorna

- Anuncio -

• Nestes terreos construirase unha sala multiusos anexa de arredor de 320 m e un almacén para material de ensaio, ademais de acondicionar a contorna e construír un parque infantil e un novo aparcamento

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Asociación de Veciños de San Xurxo de Mosende, Ángel Lago, asinaron esta semana o convenio de doazón de terreos entre ambas entidades para a execución de obras de ampliación do Cento Cultural de Mosende e o acondicionamento da súa contorna.
En virtude do mesmo, o Concello comprométese á executar nun prazo de catro anos as obras que consistirán na construción dunha sala multiusos de aproximadamente 320 m2 destinados a sala de concertos ou celebración de eventos, un almacén para material de ensaio, para uso e disfrute da veciñanza da parroquia, así como o acondicionamento da súa contorna mediante a construción dun parque infantil e un aparcamento.
“As instalacións das que dispoñen na actualidade en Mosende son insuficientes para as necesidades que presenta a parroquia”, salientou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Coa ampliación do centro cultural atendemos unha antiga e xustificada demanda da veciñanza, proporcionando un espazo acaído para o desenvolvemento das actividades culturais e veciñais da parroquia, ademais de acondicionar a contorna para uso e disfrute de todas e todos”.
Lorenzo agradeceu a disposición da asociación de veciños a axilizar os trámites precisos para levar a cabo este proxecto e a doazón destes terreos da súa titularidade polo interese da veciñanza da parroquia.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas