Home Vigo Baiona O Concello de Baiona súmase por primeira vez ao convenio entre a...

O Concello de Baiona súmase por primeira vez ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para o control da velutina

- Anuncio -

O Concello de Baiona acaba de unirse ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a coordinación de accións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixilancia e Control contra a Avespa Asiática (Avespa velutina).

A Xunta de Galicia comezou a instalar as 86 trampas que se colocarán no municipio de Baiona. Trátase unha proba piloto posta en marcha este ano pola administración autonómica co fin de mellorar o trampeo xa que se trata dun trampeo xeolocalizado, cada trampa leva un código identificativo para o seu seguimento. Un trampeo baseado na localización das colonias do ano anterior, priorizando estes lugares e as zonas de colmenares.

O Ayuntemiento de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, solicitou adherirse por primeira vez ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a coordinación de accións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixilancia e Control contra a Avespa Asiática (Avespa velutina).

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “Mediante este acordo trataremos de poñer ao dispor dos veciños e a veciñas información, ademais de coordinar co goberno autonómico a retirada de colmeas”.
A Xunta conta desde 2020 cun plan centralizado de loita contra a avespa velutina, que avanza cada ano coa implantación das novas tecnoloxías para habilitar novas formas de contacto coa cidadanía, complementarias ás chamadas ao teléfono 012. Por exemplo, a aplicación Controlvelutina, que os efectivos de Seaga empregan para xestionar os avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións de cada caso e o resultado final.

Relacionadas

A Xunta destaca a aposta do R.C. Celta polo deporte feminino e de base...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e da delegada territorial...

O Club de lectura do Porriño convídanos a encontrarnos a través dos libros

0
O barrio de San Benito acolle, ata o 12 de maio, esta cita coa lectura cunha nutrida programación con preto de 40 actividades para...

O Rosal e Caminha dan os primeiros pasos para unha grande alianza transfronteiriza no...

0
A alcaldesa Ánxela Fernández Callís e o presidente Rui Lages mantiveron un encontro no que se comprometeron a traballar na creación dunha Eurocidade coa...

Soutomaior acende a lingua

0
Máis de 240 escolares do concello de Soutomaior participarán na primeira edición dos Xogos  da Lingua que se celebrarán o 21 de maio no...

Sandra Barreira tomará posesión como concelleira da corporación no pleno ordinario do vindeiro luns

0
∙ A nova integrante do Goberno cuntiense substituirá a José Fernández Treviño, quen renunciou á acta por razóns profesionais ∙ O alcalde, Manuel Campos, agradece...

O PSdeG-PSOE esixe á Luís López que cumpra coa súa palabra e reabra de...

0
Ana Laura Iglesias recorda ao presidente da Deputación que se comprometeu á reapertura da oficina en canto a igrexa estivera aberta ao público e...

Publicacións Relacionadas