Home Ourense O alcalde avánzalles aos construtores un forte impulso á obra pública e...

O alcalde avánzalles aos construtores un forte impulso á obra pública e novas medidas para axilizar a concesión de licenzas

- Anuncio -
  • Gonzalo Pérez Jácome participou nun almorzo informativo organizado pola ACO, ao que asistiu medio cento de profesionais
  • O Concello de Ourense remitiralle proximamente á Xunta o novo Plan de Urbanismo e avanzará no Plan Especial do Centro Histórico e na Área Rexurbe
  • Realizará unha revisión completa dos modelos de solicitudes de permisos de obras e elaborará novas ordenanzas de licenzas, Disciplina e ITE e Ruídos

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome participou esta mañá nun almorzo informativo organizado pola Asociación Provincial da Empresarios da Construción de Ourense. Na súa intervención, avanzoulles un forte impulso á obra pública por parte do Concello, coa próxima licitación e execución de proxectos na cidade. Tamén adiantou a folla de ruta do goberno municipal para impulsar a aprobación dun novo plan de Urbanismo, dun plan especial para o centro histórico, que será tamén Zona Rexurbe, e novas iniciativas para axilizar a concesión de licenzas municipais, coa nova instrución sobre as empresas de certificación, unha revisión completa dos modelos de permisos e licenzas, e novas ordenanzas de licenzas, disciplina e ITE e ruídos.

Pérez Jácome puxo en valor a relevancia das obras executadas na cidade durante o anterior mandato por parte do Concello, así como das actuacións actualmente en fase de realización, entre as que citou as das rúas Rosalía de Castro, Avilés de Taramancos ou Pérez Serantes, e as que proximamente acometerá o Concello.

Así, avanzou a próxima adxudicación dos proxectos de obras como a reforma do Xardín do Posío, o Parque de Canedo, a humanización da Avenida de Portugal (primeira fase), Alejandro Pedrosa e a rúa da Canle.

O Concello licitará proximamente proxectos como a segunda fase da humanización da Avenida de Portugal, a mellora da mobilidade vertical na Praza de San Cosmede, do ascensor na Avenida de Marín, a reforma de numerosos parques infantís, ou as ramplas mecánicas da Rampla de Sas e Vasco Díaz Tanco.

“Este paquete de obras para este mandato é algo que non podían soñar outros alcaldes e poucas cidades, sen contar todas as obras menores que imos facer”, manifestou Pérez Jácome.

En relación ao Plan de Urbanismo, explicou que recentemente foi informado pola Asesoría Xurídica e será remitido agora para informe de Intervención e posteriormente será enviado á Xunta de Galicia.

En relación ao Plan Especial do Centro Histórico, concretou que está pendente da licitación da cartografía para rematar as fichas dos edificios protexidos, que xa están preparadas a maior parte das ordenanzas e pendentes de convocar as comisións para seguir adiante coa tramitación.

Sobre a Área Rexurbe, o Concello remitiulle á Xunta a solicitude para declarar o centro histórico como Zona Rexurbe, o que permite solicitar fondos para investir na súa recuperación. O Concello elaborará un plan de dinamización co que se espera obter ao redor de 12 millóns de euros.

Acerca das ECCOM, empresas de certificación de conformidade municipal, ditáronse instrucións para aumentar a comunicación previa a todo o que a lei permite e se establece un procedemento de actuación para tramitar os certificados de conformidade emitidos por estas entidades no ámbito que permite a Lei do Solo de Galicia que é ás licenzas de actividade.

O alcalde tamén adiantou novas actuacións en relación aos modelos de permisos e licenzas. Neste caso,  co obxectivo de gañar axilidade, o Concello realizará unha revisión completa dos modelos de solicitude e dos modelos de tramitación para a estandarización de informes. Tamén se redactará unha nova ordenanza de licenzas que permita seguir simplificando e axilizando a tramitación administrativa, así como unha nova ordenanza de Disciplina e Inspección técnica de edificacións e Ruídos.

Relacionadas

A celebración das Festas do Couto ocasiona cambios nas rutas das liñas número 5,...

0
A celebración das Festas do Couto afectarán desde hoxe, mércores, día 15, até o domingo, 19, aos itinerarios de 3 liñas do servizo de...

O Concello organiza o concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera, no que...

0
Desde o 23 de maio até o 2 de xuño ofrecerán pinchos con ingredientes libres, a prezos de entre 2,5 e 3,5 euros A concelleira...

A Deputación custodiará a última bandeira arriada no cuartel de San Francisco, trala disolución...

0
A última enseña deste rexemento estivo gardada desde o ano 1987 por Fernando Ramos, autor do libro “La huella en Ourense del Zamora 8”,...

O proxecto Mixturando, no que está implicado o GDR Limia Arnoia, “será unha ferramenta...

0
Esta iniciativa colaborativa, na que están integrados os GDR Limia Arnoia, Terra e Auga do Condado Paradanta e o asturiano de Camin Real de...

A Deputación investirá máis de 750.000 euros no Concello de Vilamarín no actual mandato...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo na Casa Consistorial de Vilamarín co alcalde, Amador Vázquez, para repasar as diversas...

O secretario de Estado de Medio Ambiente elude dar datas para licitar as obras...

0
• Celso Delgado denuncia que se produciron numerosas dilacións indebidas e non xustificables por parte do MITERD e da CHMS. E lembra que a...

Publicacións Relacionadas