Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese...

Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese factor de competitividade e valor engadido que necesitabamos en Ourense”

- Anuncio -

O presidente da Deputación participou esta tarde na capital do Estado na presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde Corbal e editado pola institución provincial

O AVE “é o milagre que transforma as distancias físicas en tempo” e que pon ao alcance de calquera viaxeiro un territorio “que sorprenderá a quen non o coñeza”, subliñou #Luis Menor

Conde Corbal explicou que a obra “incorpora a mirada e os recordos de nove xornalistas, escritores, ilustradores e profesionais da comunicación con capacidade para expresar literariamente as emocións que lles xera esta terra”

O volume transformarase nun obsequio que recibirán todos os viaxeiros que se suban ao AVE en Chamartín con destino a Ourense o próximo 23 de abril, coincidindo co Día do Libro

O presidente da Deputación de Ourense, #Luis Menor, afirmou esta tarde na Casa de Galicia en Madrid que “o AVE é ese factor de competitividade e valor engadido que necesitabamos en Ourense”, un instrumento ao servizo dunha provincia “que ten a inmensa capacidade de asombrar ao viaxeiro”.

Luis Menor realizou estas declaracións durante a presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde Corbal e editado pola Deputación. Unha obra, agradeceu Menor, na que se promociona Ourense “como a cidade que lles dá a benvida a Galicia, a pouco máis de dúas horas de Madrid”.

O AVE “é o milagre que transforma as distancias físicas en tempo” e que pon ao alcance de calquera viaxeiro un territorio “que sorprenderá a quen non o coñeza”, subliñou o presidente da Deputación, que #ante o salón repleto da Casa de Galicia en Madrid destacou a singularidade termal da provincia, á que se refiren a maior parte dos colaboradores que participan neste libro.

O patrimonio arquitectónico e histórico, a natureza, o enoturismo, a gastronomía e os camiños xacobeos foron algúns dos recursos máis importantes citados por #Luis Menor “nun prólogo da viaxe que me gustaría que fixesen á nosa terra”, convidou os presentes.

Xunto ao director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, o autor do libro, Moncho Conde Corbal, desexou que este traballo “teña continuidade con máis achegas”. O punto de partida desta publicación, desvelou, foi a inquietude por dar a coñecer a cidade e provincia aproveitando a chegada do AVE a Ourense, “como medio para que os habitantes de Madrid poidan visitarnos máis facilmente”.

“Ourense, ”, explicou Conde Corbal, incorpora a mirada e os recordos de nove xornalistas, escritores, ilustradores e profesionais da comunicación “con capacidade para expresar literariamente as emocións que lles xera esta terra”.

Coa colaboración fotográfica de Mani Moretón na cuberta, reconvertida en debuxo, e un marcapáginas coas pontes sobre o río Miño ao seu paso pola capital, o volume transformarase agora nun obsequio que recibirán todos os viaxeiros que se suban ao AVE en Chamartín con destino a Ourense o próximo 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro.

Relacionadas

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Rafa Domínguez pon en valor a “emocionalidade máis alá da alegría” das obras de...

0
“O noso obxectivo con este ciclo é achegar á cidadanía as grandes figuras artísticas vencelladas con Pontevedra e apoiar, impulsar e promocionar o renacemento...

A Deputación analizará proxectos en estradas provinciais considerados prioritarios para o Concello de Mondariz

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Mondariz, Juan Carlos Montes, para coñecer as necesidades do municipio...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez reúnese co secretario xeral da Asociación de Industrias...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Economía e Impulso do Emprego, Luisa Sánchez, reuniuse esta mañá co secretario xeral da Asociación...

Luis López anuncia que a Deputación solicitará a ampliación do BIC do xacemento da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; visita a zona á que a Deputación destina 390.000...

A Deputación prevé que o Parque de Maquinaria no Polígono de Barro estea operativo...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron as novas instalacións do Parque de Maquinaria de Barro nas que a institución provincial investiu...

Publicacións Relacionadas