Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación remarca o éxito do novo programa de xuventude “Vive o...

A Deputación remarca o éxito do novo programa de xuventude “Vive o rural”, que en menos dun día pecha a convocatoria ao esgotar a totalidade dos recursos

- Anuncio -

44 centros e ANPA de 21 concellos solicitaron as achegas da Deputación para este programa de visitas ás cinco granxas escola da provincia

A Deputación de Pontevedra esgotou xa este luns os recursos das axudas dispoñibles no marco do novo programa “Vive o rural”, destinadas ao ámbito educativo da provincia. A institución provincial puxo á súa disposición un total de 30.000 euros, que se completaron arredor das 9:00 horas deste luns tras abrir o prazo de solicitude ese mesmo día, e cun total de 44 solicitudes rexistradas entre a madrugada e a mañá. A través desta iniciativa, impulsada polo novo servizo de Xuventude, os centros escolares realizarán visitas de educación ambiental ás granxas escola da provincia para apoiar o seu labor educativo e fomentar entre os rapaces a curiosidade natural e mailo respecto pola cultura e o medio.

As 44 solicitudes recibidas pola Deputación durante as primeiras horas de apertura do prazo corresponden a centros (ou as ANPA destes) localizados en 21 concellos da provincia: Baiona, Bueu, Cambados, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, A Guarda, Meis, Moaña, As Neves, O Rosal, Poio, Ponte Caldelas, Ribadumia, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa e Vilanova de Arousa. Só estas primeiras 44 solicitudes xa practicamente duplicaron o crédito dispoñible, chegando ata os 50.000 euros.

“Vive o rural” está dirixido aos centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria dos concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, así como ás súas Asociacións de Nais e Pais (ANPA). Recibirán unha subvención máxima de 1.350 euros (25 euros por cada alumno) para que poidan organizar visitas de educación ambiental a algunha das cinco granxas escola situadas na provincia: Serantellos (Cambados), Fervenzaventura (Silleda), Kiriko (Fornelos de Montes), Corazón de Carballo (Tomiño) e Río Mouro (Poio). As visitas consistirán nun día realizando actividades de toma de contacto cos animais, labores da horta, obradoiros educativos ou xogos. As axudas da Deputación destinaranse ao custo das entradas e aos gastos de desprazamento.

O programa ten como finalidade ofrecerlles ás rapazas e rapaces a oportunidade de realizar actividades alternativas e de calidade para o lecer, coñecer lugares da súa contorna, achegarse á realidade do sector primario e adquirir coñecementos prácticos sobre a produción local, os cultivos presentes na contorna, a vida dos animais que habitan nela, o coidado do medio natural e a valorización do sector primario. A través disto, “Vive o rural” busca pór en valor o mantemento da biodiversidade da provincia de Pontevedra, da súa paisaxe e da súa tradición agraria como elemento de identidade da cultura do territorio.

Relacionadas

A Deputación custodiará a última bandeira arriada no cuartel de San Francisco, trala disolución...

0
A última enseña deste rexemento estivo gardada desde o ano 1987 por Fernando Ramos, autor do libro “La huella en Ourense del Zamora 8”,...

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Publicacións Relacionadas