Home Sin categoría Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto, material...

Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto, material escolar e para prazas de comedor escolar 2024-25

- Anuncio -

O prazo de solicitude comeza o luns, 22 de abril, e remata o luns 13 de maio

As axudas para libros de texto e material serán de 110 euros e as de comedor de ata 90 euros por mes

O Concello de Ourense abre o prazo para que as familias ourensás poidan solicitar axudas para adquirir libros de texto, material escolar e para prazas de comedor escolar durante o próximo curso 2024/2025. O prazo de solicitude remata o luns, 13 de maio -incluído-.

A convocatoria ten por obxecto conceder axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar, ás unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo que teñan nenos e nenas ao seu cargo que estuden en centros públicos ou concertados do Concello de Ourense.

As axudas van dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas no Concello de Ourense, con 3 meses mínimo de antigüidade, que non superen os 4.000 € de renda per cápita anual (no caso das axudas de libros e material escolar) e os 3.700 € (no caso das axudas para comedores escolares). Computarase un membro máis no caso de discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental.

Establécense dúas liñas de axudas:

  • Para o caso das axudas de libros e de material escolar de nenos/as matriculadas en 4º, 5º ou 6º curso de Educación Infantil, a axuda será de 110 euros por persoa.
  • Para o caso das axudas de comedor, dirixidas a nenos/as matriculadas en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria obrigatoria que teñan praza de comedor no centro no momento da concesión da axuda. Esta será de ata 90 euros mes por persoa.

A convocatoria ten un orzamento total de 294.250 euros, dos que 25.000 euros destinaranse a axudas para libros de texto e material escolar, e 269.250 euros a comedores escolares.

Relacionadas

Luis López avanza a creación dunha aplicación móbil de realidade aumentada sobre as Rías...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e os deputados Nava Castro e Jesús Vázquez Almuíña, inaugurou a sexta edición da xornada TurisTIC...

Obradoiro de mantemento de PC na Casa da Mocidade Portaberta

0
O próximo 31 de maio, de 17:30 a 19:30 horas, terá lugar unha nova actividade en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e...

Aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas DepOUrtivas de Verán 2024

0
Esta iniciativa de conciliación familiar ofrecerá durante o mes de xullo actividades de 8.00h a 14.00 h. para nenos e nenas da provincia nados...

O PP de Culleredo denuncia o abandono total do comercio local das rúas peonís...

0
∙ Veciños e comerciantes levan anos avisando da progresiva deterioración desta zona, que no seu día albergaba os mellores comercios e locais de hostalería...

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

0
● O novo transporte adquirido, subvencionado pola Deputación da Coruña, ten unha capacidade máxima para cinco ocupantes e poderá ser empregado polo persoal auxiliar...

O BNG traslada a Comisión de Urbanismo as queixas do deterioro do parque de...

0
O BNG de Poio trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que...

Publicacións Relacionadas