Home Vigo Mos A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da...

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia da poeta da Louriña falecida en 2021

- Anuncio -

O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar

A Biblioteca Municipal de Mos, María Magdalena, inaugurouse hoxe tras de ser obxecto dunha reforma integral que marca un antes e un despois para este edificio, pois supuxo un cambio radical no mesmo.

Ao acto inaugural asistiron José López Campos, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, Jorge Cubela, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, a Concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, demais membros do goberno e corporación municipal, unha ampla representación da gran familia de María Magdalena, á que deu voz coa súa intervención a súa bisneta Raquel Jorge Blanco, e alumnado dos colexios e o IES de Mos, que deron lectura aos poemas de María Magdalena.

Na súa intervención Nidia Arévalo, rexedora local mosense, fixo unha mención e alusión especial á familia de María Magdalena, aos seus 5 fillos/as, 12 netos/as, 15 bisnetos/as e 3 tataranetos.

Arévalo declarou que “hoxe é un día moi especial e emotivo para min porque María Magdalena foi un referente para min desde a miña infancia. Teño lembranzas dela desde que eu tiña 10 anos e somos veciñas da mesma parroquia. Dende sempre foi unha muller á que admirei, forte, traballadora e loitadora; e cun gran amor por Mos. Era unha muller todoterreo, incansable”.

María Magdalena empezou a escribir poesía e, durante anos, ninguén da súa contorna o sabía. A alcaldesa de Mos definía nas súas palabras a súa carreira como escritora “caracterizada pola sensibilidade das súas intimistas composicións poéticas, e pola viveza e espontaneidade dos seus textos, que os fai tan atractivos para todo tipo de lectores”.

Nidia Arévalo sinalou o 18 de agosto de 2021, data do pasamento de María, como “un dos días máis tristes para Mos, para as nosas letras e a nosa cultura, para a loita municipal pola igualdade e o empoderamento feminino, xa que nos deixaba unha pioneira da literatura, unha das 3 mellores poetas galegas autodidactas, exemplo da reivindicación do papel da muller no rural, tanto no ámbito doméstico como profesional, intelectual, cultural e artístico”.

“Pero deixábanos a semilliña que 3 anos despois floreceu: esta nova Biblioteca Municipal María Magdalena. Digna de levar o nome da gran muller que era María, e da que estou segura que estaría orgullosa”, concluía Arévalo.

A importante reforma integral experimentada pola Biblioteca Municipal foi posible grazas a sendas subvencións da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. A obra contou con proxecto da arquiteca mosense, con diversos premios de arquitectura, Estefanía Grandal.

A casa das letras mosense leva o nome da principal representante das letras de Mos, sendo María Magdalena, gran poeta da Louriña que falecía o 18 de agosto de 2021 aos 99 anos de idade, unha muller de gran valía cultural e persoal.

A súa obra literaria completa está composta por obras en galego-poesía: Alborada do Val da Louriña 1986 (primeira edición), Colleita de soños tristes 1990, Alborada do Val da Louriña 1992 (segunda edición), Retrancas 1993, Sementeira de soños 1994, Amores na lúa 1998, Tempos de chorar 2001, A quen lle dou unha estrela? 2005, Alma de can 2009. Literatura infantil-xuvenil: O baúl das lembranzas, poemas para nenos, 2005. E obras en castelán-poesía: Un nuevo amanecer 1991, Como el manantial 1993, Mariposas de invierno 1994, En él doblaron lanas campanas 1998, Sueños de cristal 2001, Golondrinas en el cielo 2005.

María Magdalena Domínguez Domínguez, gran poeta da Louriña, Medalla ao Mérito do Concello de Mos, faleceu tras unha longa traxectoria persoal e literaria que se prolongou durante case un século.

Biografía de María Magdalena

Naceu en Mos e desde moi nova foi moi afeccionada á lectura, especialmente de poesía e sempre tivo unha gran inquietude por aprender. Aprendeu a ler e escribir grazas á súa nai, ata que empezou a ir á escola. Empezou a escribir poesía e, durante anos, ninguén da súa contorna o sabía. Dedicou moitos dos seus poemas ao seu marido, entre outros ‘Alborada do Val da Louriña’, que tardou 30 anos en publicarse, en 1986. As súas primeiras lecturas e inspiracións, tomounas xa na escola lendo a Rosalía de Castro, con quen quedou moi impactada. Tamén admiradora de Daniel R. Castelao e Álvaro Cunqueiro entre outros. Nunha ocasión participou nunha representación teatral no Porriño, da obra de Castelao ‘Os vellos non deben namorarse’, engadindo ela ao título “das mozas novas”, versión que se segue conservando. O Concello de Mos, no ano 2016 rendeulle unha homenaxe polo seu 94 aniversario, recoñecendo o seu mérito ao ser unha das tres mellores poetas galegas autodidactas.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Preto de 2.000 atletas lánzanse á pista no Rosal no Cros Escolar en horario...

0
Organizada por Agrudebam en colaboración co Concello e co CPI Manuel Suárez Marquier dentro do programa Xogade, a actividade conta coa participación de alumnado...

Salvaterra de Miño contará cun curso de aplicador de fitosanitarios

0
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que os días 13, 14, 15 e 16 decembro desenvolverase na Casa do Conde un Curso nivel...

Publicacións Relacionadas