Home Vigo O Porriño A Xunta licita as obras dunha nova Senda Peonil na Vaquería, en...

A Xunta licita as obras dunha nova Senda Peonil na Vaquería, en Budiño

- Anuncio -

• A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a actuación que supón un investimento de máis de 250.000 euros

• Prevese que as obras comecen en agosto e que poida estar a disposición dos veciños na primavera de 2025

• A senda, cunha lonxitude de 640 m, desenvolverase pola banda esquerda da estrada, acondicionarase a parada de autobuses e substituirase a marquesiña

• Avanzouse outra senda de case 1 km pola marxe dereita da PO-407 na zona do colexio de Budiño, cuxo proxecto se atopa en proceso de información pública

A Xunta licitou hoxe as obras dunha nova senda peonil en Budiño, na Vaquería, que comezará a construírse no verán cun investimento de máis de 250.000 euros.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe no Concello esta actuación, que mellorará a seguridade viaria e a mobilidade na estrada PO-510 na Vaquería.

A Plataforma de Contratos da Xunta recolle esta contratación e fixa de prazo ata o 21 de maio para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.

Martínez Allegue concretou que se prevé que comecen as obras da senda en agosto para que poida estar a disposición da veciñanza de Budiño na primavera de 2025.

O obxectivo deste itinerario é permitir desprazamentos a pé en condicións de seguridade na parroquia de Budiño, en concreto neste tramo da PO-510.

Trátase de reforzar a seguridade e a mobilidade dos peóns nun treito de estrada que ten unha densidade de tráfico moi elevada, alcanzando máis de 20.000 vehículos diarios.

A senda, que terá unha lonxitude de 640 metros pola banda esquerda da estrada, será de formigón e terá 1,80 metros de ancho con bordo e unha elevación con respecto á rasante da calzada de 10 cm, agás nos accesos ás vivendas ou fincas.

Nas beirarrúas, e onde así o indique a normativa de accesibilidade, colocarase pavimento táctil nos vaos peonís, para aumentar a seguridade con sinais que fomentan a inclusión.

O proxecto tamén inclúe o acondicionamento da parada de autobuses e a substitución da marquesiña existente, para acadar maior comodidade dos usuarios do transporte público.

Estas intervencións enmárcanse no Plan de sendas de Galicia, a través do que a Xunta xa executou máis de 300 km de itinerarios peonís e ciclistas e prevé acometer nesta lexislatura outros 150 km máis.

Na súa intervención, a conselleira lembrou ademais que o departamento que dirixe ten planificada outra senda para esta zona de Budiño, un itinerario de preto de 1 km pola marxe dereita da estrada PO-407. Destacou que será un novo espazo seguro para tránsito peonil nunha zona con vivendas e de acceso ao colexio público Cruz de Budiño.

Detallou que o pasado venres comezou o proceso de información pública desta actuación co obxectivo de aprobar definitivamente o proxecto no outono para licitar as obras no primeiro trimestre de 2025, cun investimento de máis de 400.000 €.

Tamén subliñou que nos vindeiros días quedarán rematadas as obras de humanización das rúas Progreso e Buenos Aires, tras a mobilización dun orzamento de 1 M€ por parte do Goberno galego.

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, incidiu na importancia desta obra, moi importante e demandada pola veciñanza de Budiño, que xunto coa nova senda peonil que continuará ata o colexio do Budiño, garantirá a seguridade de peóns e vehículos na zona. “Seguimos dando pasos para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria no Porriño, e este é un gran paso xa que se trata dun treito especialmente inseguro para os peóns”, concluíu.

Relacionadas

O concello de Salvaterra lanza o obradoiro Muller Activa

0
Serán dúas xornadas con actividades físicas ó aire libre dirixido a mulleres.    O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o curso de...

Charlas formativas para coidadores familiares de persoas con demencia

0
A Asociación Afaga organiza, xunto co Concello do Porriño, estas formacións que empezan o martes 28 de maio A Asociación Afaga en colaboración co Concello...

A praia de Patos acolle mañá o Campionato de España de Surf Adaptado coa...

0
O Concello de Nigrán promove este evento deportivo que, nesta edición, reune a 35 surfistas de toda España con diferentes discapacidades Entre os participantes están...

O Concello de Mondariz Balneario adquire unha parcela de 3000m2 e varios edificios ruinosos...

0
Unha achega da deputación de 97.940€ sumado aos 41.814€ de fondos propios permiten mercar unha propiedade estratéxica para a recuperación e desenvolvemento da vila.  O...

A Deputación apoia a Volta Ciclista ao Baixo Miño patrocinando o seu maillot de...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez participou este venres no Pazo provincial na presentación desta proba, que se celebrará o próximo 2 de xuño organizada polo...

Presentación do programa de igualdade “Clara” no Concello de Covel

0
Este novo servizo público funcionará dous días á semana e ofrecerá asesoramento xurídico e psicolóxico, actividades, formación en autocoidados, sensibilización e entrevistas para deseñar...

Publicacións Relacionadas