O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar nesta mañá de luns en Madrid nunha reunión de traballo da Red Española de Ciudades Saludables co motivo de poñer en común o estado xeral deste organismo dependente da Federación Española de Municipios e Provincias.
Luis López, que ocupa o cargo de vicepresidente segundo desta Red, comparte a vocación desta entidade de traballar para construír concellos e provincias que promovan hábitos de vida saudable para todas as persoas