Neste terceiro ‘Asaltamontes Female’ participan preto de 300 mulleres chegadas de diferentes países. Os equipos competirán durante 5 horas, gañando o que complete un maior número de voltas
A iniciativa parte da asociación fundada pola atleta Aroa Sío e Arantxa Pérez de Lis, e o obxectivo é motivar a máis mulleres a que practiquen este deporte todavíaminoritario entre elas
O Concello de Nigrán acolle novamente este sábado 27 de setembro una proba deportiva única en toda España: un trail por relevos exclusivamente feminino. A competición, bautizada como ‘Asaltamontes Female’, tome o nome da devandita asociación, fundada no 2022 pola corredora profesional Aroa Sío (natural de Fragoselo, Vigo) e a súa amiga Arancha Pérez de Lis, co obxectivo de animar a máis mulleres a “botarse ao monte” e deixar de ser minoría neste deporte. Esta carreira pioneira recibirá a preto 300 mulleres de toda España (e mesmo de países como Arxentina) e terá lugar durante toda a mañá en Monteferro en equipos de 4 mulleres.
“Estamos moi orgullosos de ser unha referencia en España en deporte igualitario grazas a esta proba, o que buscamos é normalizar este tipo de eventos e que máis mulleres se animen a ser as protagonistas”, explica o alcalde, Juan González, quen, de feito, agradece a Asaltamontes ter contando co Concello de Nigrán para que a porcentaxe de mulleres que practican trail suba do 10% actual.
A carreira terá lugar desde as 9:00 ás 14:00 horas e adoptará un emocionante formato de relevos, onde cada integrante de cada equipo dará unha volta a un bucle circular de 2,5 quilómetros, nun terreo de monte tecnicamente fácil. As participantes estarán comprometidas a completar polo menos 2 voltas. A estratexia para alcanzar este obxectivo será determinante, xa que o equipo que logre finalizar máis voltas alzarase coa vitoria. As categorías serán 5 (de ‘baby’ a ‘cañeras’), compostas pola suma de idades dos equipos. Esta deseñada así para, precisamente, favorecer a parte máis lúdica deste deporte e “enganchar” a todas aquelas mulleres que se animen por primeira vez.
As “as asaltamontes” son máis de 200 mulleres de toda a provincia (fundamentalmente Val Miñor e Vigo) que a través de whatsapp quedan para correr en lugares como Fragoselo, Saiáns, Coruxo, Redondela… Aínda que o grupo de idades é moi amplo (moitas acuden coas súas fillas) o común é que sexan mulleres de entre 30 e 50 anos que retoman esta afición da infancia ou adolescencia, como lle pasou á propia Aroa Sío (en cambio, Arancha non tiña practicado trail antes). Ademáis, as “asaltamontes” organizan quedadas internacionais onde se reúnen mulleres de todo o mundo para correr.

