Home O Condado Mondariz Inaugurada a nova área de deporte urbano de Mondariz

Inaugurada a nova área de deporte urbano de Mondariz

- Anuncio -

O Concello de Mondariz inaugurou hoxe a pista de pump track nun acto ao que asistíu o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, quen destacou o investimento de máis de medio millón na construción da nova área de deporte urbano de Mondariz que, xunto con outros proxectos previstos neste Concello impulsados polo goberno provincial, como a creación dunha nova zona deportiva nas Lagoas ou a mellora das piscinas municipais fan que “Mondariz e a Deputación compartan o espírito do deporte”.

“Nós sempre dicimos que somos a provincia do deporte e Mondariz é un claro exemplo”, remarcou López. Un destes exemplos é a inauguración este martes desta área de deporte urbano, un espazo no que a Deputación investiu ao abeiro do programa ReacPon un total de 392.000 euros, unha cifra que completou cunha achega de 112.000 euros correspondente ao Plan Concellos do 2022-2023 e cunha axuda de 70.000 euros concedida en setembro do 2023 para realizar diversas melloras na parcela. Esta área de deporte urbano conta cunha pista polideportiva de fútbol, balonmán ou baloncesto; así como instalacións para a práctica do skate, escalada, calistenia ou a xa existente de pump track. Do mesmo xeito, a intervención supuxo unha mellora ambiental e urbanística ao dotala de vexetación, zonas de estancia e un mirador, así como de todos os servizos e comodidades necesarias.

“Agradecemos o apoio do presidente da Deputación de Pontevedra non só o económico tamén a súa presenza e salientamos a importancia de traballar para a cidadanía máis aló das cores políticas e pensar sempre na mellora da calidade de vida das persoas. Tamén agradecemos a participación dos clubs deportivos que colaboraron. A obra do pump track de Mondariz foi unha xestión do anterior goberno e agora a nós tócanos conservala e promocionala para que se sexa un espazo de desfrute para a mocidade de Mondariz e para a de toda o área metropolitana. Con cada espazo e servizo público que se mellora e se constrúe, a vila de Mondariz gaña e atrae poboación, por este motivo traballaremos e cooperaremos con todas as institucións e administracións públicas”, explicou o alcalde de Mondariz, Calis Montes.

Pero non é o único proxecto posto en marcha pola Deputación neste concello no eido deportivo. Ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que reparte 4 millóns de euros nos concellos da provincia para modernizar estas instalacións, o goberno de Luis López achega 42.300 euros para a mellora das piscinas municipais. Ademais, a través do programa PON2030 ambas as administracións asinaron un convenio para a creación dunha nova zona deportiva na contorna do campo de fútbol da Lagoa. Un proxecto valorado en preto de medio millón de euros que a Deputación financia ao 100 % mediante unha achega de 400.000 euros derivada deste convenio e outra de 75.000 euros do +Provincia para cubrir a aportación municipal. “A colaboración máxima cos concellos, esa é a filosofía da Deputación”, asegurou o presidente, quen agradeceu o labor realizada por todos os responsables técnicos e políticos que formaron parte deste proxecto.

Unha obra que consolida á provincia como unha “potencia” no ámbito deportivo e que chega acompañada doutras iniciativas como un Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para melloras nos concellos de menos de 50.000 habitantes dotado con 4 millóns de euros, o apoio a clubs e deportistas de alto nivel, como a alianza con Teresa Portela; a única deportista española que vai participar en sete Xogos Olímpicos e que para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo; ou a acollida de eventos deportivos de interese global, como La Vuelta a España, que este ano terá unha etapa con saída na comarca do Condado.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Preto de 2.000 atletas lánzanse á pista no Rosal no Cros Escolar en horario...

0
Organizada por Agrudebam en colaboración co Concello e co CPI Manuel Suárez Marquier dentro do programa Xogade, a actividade conta coa participación de alumnado...

Salvaterra de Miño contará cun curso de aplicador de fitosanitarios

0
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que os días 13, 14, 15 e 16 decembro desenvolverase na Casa do Conde un Curso nivel...

Publicacións Relacionadas