Arrancan as obras de consolidación da Fonte da Inquisición, obras financiadas a través dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia

adminON

Esta semana comezaban os traballos de consolidación da Fonte da Casa da Inquisición en Corzáns, ben protexido por patrimonio cultural. Estas obras contemplan accións e medidas dirixidas ao afianzamento, reforzo e substitución de elementos danados ou perdidos para asegurar a estabilidade do ben, co fin de salvagardar e protexer os bens culturais do municipio, un ben que se atopaba nun estado de abandono que estaba provocando a perdida de estabilidade do muro frontal composto por dúas follas, chegando a separarse a cara exterior da interior, cun desplome importante.

Para a súa consolidación será necesario a desmontaxe do muro frontal, así como a retirada da vexetación incontrolada que hai ao seu redor. Para a súa estabilidade, será necesario volver a levantar unha contención lateral esquerda, así como canalizar correctamente se fose necesario, a auga que acomete por detrás do muro.

Esta fonte localízase a 100 metros dos restos do Pazo da Inquisición, e posiblemente dentro da finca matriz. É unha construción con dous muros de contención de sillería labrada de pedra, soterrados por un lado, e que orixinariamente posuía un terceiro muro formando unha composición en forma de “U”, hoxe practicamente desaparecido, que compoñen un espazo recollido que segue proporcionando auga dun canon central. O muro frontal da fonte está dividido en dúas zonas por unha imposta horizontal central, a superior, rematada por unha cornixa (hoxe derruída), conta cunha hornacina no centro, e no inferior se dispón unha pequena bancada con tres hornacinas sobre ela, sendo a central onde flúe a auga, e nas restantes se dispoñen cegas. O muro lateral realízase liso cunha bancada inferior e coroando cunha cornixa. No espazo abrazado pola composición dos tres lados, está formado por un pequeno estanque rectangular, no lado esquerdo, que recolle a auga sobrante que rebosa nun canal de rego, e por unha zona de acceso co chan de terra onde se encontra unha mesa tosca de pedra allea o conxunto.

Este elemento singular mantén a mesma sillería e elementos ornamentais como imposta e cornixa, que a utilizada na Porta da Inquisición, sendo probable que daten da mesma época, finais do século XVII.

Comparte este artigo