A Xunta organiza o vindeiro 17 de outubro unha xornada na que se difundirán casos de éxito e ferraments en prol da modernización do comercio

adminON
Lectura mínima de 2
  • Desenvolverase no centro GaiásTech entre as 9,30 e as 17,30 horas e incluirá a celebración de mesas redondas, demostracións tecnolóxicas, talleres prácticos e tamén espazos para fomentar a creación de redes e sinerxías en beneficio do sector
  • A iniciativa é gratuíta e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente na páxina web de GaiasTech

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración organizará o vindeiro 17 de outubro no centro GaiasTech, en Santiago de Compostela, a xornada Impulsando o comercio galego. Innovación, dixitalización e experimentación co obxectivo de difundir casos de éxito sobre a modernización e sustentabilidade no comercio local da comunidade galega.

O programa desenvolverase entre as 9,30 e as 17,30 horas e incluirá a celebración de mesas redondas, demostracións tecnolóxicas, talleres prácticos e tamén espazos para fomentar a creación de redes e sinerxías en beneficio do sector. Neste sentido, reunirá profesionais, institucións e empresas para compartir solucións innovadoras, dixitais e sostibles a favor da competividade do sector.

A xornada é gratuíta e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través desta ligazón á de GaiasTech. Nela tamén se poden consultar todos os detalles sobre a iniciativa na que se difundirán cuestións como a aplicación das redes sociais, a intelixencia artificial, a realidade virtual e a dixitalización no ámbito do comercio.

Esta actuación forma parte da aposta do Goberno galego por impulsar a competitividade do comercio de proximidade e apoiar ao sector na adaptación ás tendencias de consumo coa introdución de tecnoloxías, así como no compromiso ambiental. Isto reflíctese no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

Comparte este artigo