O pavillón de deportes acolleu as dúas edicións do curso de defensa persoal feminina organizado pola concellería de igualdade.
A actividade contou cunha destacada participación xa que preto de 30 mulleres de entre 16 e 70 anos recibiron unha formación teórica de conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e o código penal, traballando todo tipo de prevención para situacións de risco e técnicas de defensa ante un ataque.
O alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuíña, acompañado da concelleira de igualdade Sheila González Martíns, destacou o gran éxito de público, onde participaron desde mozas adolescentes ata mulleres de máis de 70 anos.
O obxectivo é previr situacións de violencia, ensinándolles a desenvolverse ante calquera hipotética agresión á que teñan que enfrontar.
A actividade foi concedida ao Concello de Baiona a través da área de igualdade, pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero no marco do acordo de colaboración asinado coa Federación galega de Municipios de provincias de Galicia.

