Terá lugar ás 12:30 na Praza da Biblioteca, estando orientado a un público familiar (en caso de choiva trasládase ao Auditorio Municipal)
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 21 de setembro ás 12:30 horas na Praza da Biblioteca o concerto didáctico da Agrupación Musical de Vincios (en caso de choiva trasladarase ao Auditorio Municipal). Deseñado para un público familiar, os asistentes poderán coñecer de primeira man as diferentes familias de instrumentos e mesmo subir ao escenario xuntos aos 60 músicos da banda para saber como se vive un concerto desde dentro, ademáis, os propios instrumentistas desmontarán moitos dos tópicos máis comúns sobre a súa profesión. O concerto encádrase no programa ‘Canteira de Sons’.

