Podemos Ourense presenta requirimento ao concello polo Día Internacional da Bisexualidade

adminON

Con motivo do 23 de setembro, Día Internacional da Bisexualidade, Podemos Ourense presenta requirimentos ao concello para avanzar na defensa dos dereitos das persoas bisexuais e combater a bifobia, unha das discriminacións máis invisibilizadas dentro e fóra do colectivo LGTBIQA+.

O textos lembra que, a pesar de dispoñer da Lei galega 2/2014 e da Lei estatal 4/2023, ambas non se aplican de maneira efectiva, deixando ás persoas bisexuais sen recursos nin programas específicos fronte á discriminación múltiple que sofren nos ámbitos laboral, educativo, sanitario e cultural.
📌 Datos preocupantes en Ourense

  • No ano 2024 houbo 3 delitos de odio coñecidos por orientación sexual ou identidade de xénero, practicamente os mesmos que en 2023 (4 casos).
  • En 2024 rexistráronse tamén 2 persoas investigadas por infraccións penais especificamente contra persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero.
  • A taxa destes delitos en Ourense está por riba da media galega, deixando claro que non se trata de feitos illados, senón dun problema social que require resposta institucional.
  • Unha chamada á acción
    Francisco Diéguez, portavoz de Podemos Ourense, advertiu que “Ourense non pode seguir a mirar cara outro lado mentres se perpetúan agresións e discriminacións contra o colectivo LGTBIQA+”.
    Diéguez lembrou que a súa propia experiencia denunciando a retirada dun mural contra a LGTBIfobia no CEIP Froebel de Pontevedra é “un exemplo claro da miña determinación persoal por loitar contra a discriminación en todos os ámbitos, tamén no educativo”.
    “Queremos que se apliquen as leis xa —engadiu—. Non abonda con declaracións de boas intencións: necesitamos recursos, protocolos de actuación e campañas de sensibilización que cheguen a toda a sociedade para frear máis agresións”.
    Requirimento de Podemos Ourense
    Ante esta realidade, Podemos Ourense solicita aos concellos que:
  1. Esixan á Xunta de Galicia a aplicación inmediata da Lei galega 2/2014, con protocolos específicos de atención ás persoas bisexuais.
  2. Exixan a execución real da Lei estatal 4/2023, con orzamentos suficientes para programas contra a bifobia.
  3. Apoien a educación en diversidade en todos os niveis, incorporando de maneira explícita a bisexualidade.
  4. Garanten a visibilidade institucional e mediática do Día da Bisexualidade.
  5. Reclamen a recollida de datos específicos sobre a realidade bisexual en Galicia.
    Podemos Ourense reafirma, con esta acción, o seu compromiso firme e combativo coa igualdade e a diversidade, situando a defensa da bisexualidade como parte esencial da loita polos dereitos LGTBIQA+ na provincia. “Ourense debe ser unha terra libre de odio”, concluíu Diéguez.
Comparte este artigo