- Manuel Cerviño presenta o seu libro “Ti, a miña grande obra” e a exposición “Mesturas”
A Casa dos Alonso acolle a última exposición antes do remate do verán, a exposición “Mesturas” de Manuel Cerviño. O artista de Bueu tamén presentará o seu libro “Ti, a miña grande obra”.
Esta obra publicouna no ano 2020, e a meirande parte das súas palabras están baseadas en sentimentos vividos: tristuras, paixón… Segundo o propio autor, a orixe está nun día en que rompeu unha relación tormentosa. A raíz desta experiencia comezou a escribir a súa rabia interior e todo canto sentía en poemas que agora podemos desfrutar nesta obra.
Ademais da súa obra literaria, Manuel Cerviño presenta a súa exposición de pintura Mesturas”. Cerviño descubriu a súa paixón pola pintura vivindo en Ons, onde o mar e o entorno o inspiraron profundamente. Os seus cadros caracterízanse pola temática das paisaxes de costa e polo tratamento da cor.
A presentación do seu libro e a inauguración de “Mesturas” terá lugar o venres 12 ás 20:00h na Casa dos Alonso. Despois, a exposición estará aberta a visitas de luns a venres de 9 a 14h ata o próximo mércores 24 de setembro.

