As bicicletas toman os montes da Guarda este domingo

adminON
Lectura mínima de 1
  • A III Marcha de Enduro BTT reúne este domingo a 125 participantes

Esta mañá presentouse a III Marcha de Enduro BTT, co alcalde da Guarda, Roberto Carreo, o concelleiro de Deportes, Celso Fariñas e os organizadores da marcha, Insitu Ciclismo.

O domingo pola mañá, a Baixomiño Enduro Experience tomará os montes da Guarda. Este ano vén cun par de novidades que van a dar máis visibilidade e maior espectáculo. Será a primeira edición que comezará e rematará no auditorio de San Benito, polo que este ano haberá unha zona urbana nun dos tramos para dar maior espectáculo.

Un tramo será cronometrado para poñer a proba as cualidades físicas e de habilidade dos participantes. Trátase dunha proba aberta para todos, tanto os federados como os que non (con seguro para ese día) e así poder desfrutar todos dos montes da Guarda. En total, haberá uns 125 participantes.

Esta proba terá lugar polos Montes Torroso e Santa Trega cun percorrido aproximado de 25km, con 1030m de desnivel acumulado que permitirán desfrutar de 5 tramos de enduro fluídos con zonas espectaculares e vistas inmellorables do entorno da Guarda.

Comparte este artigo