Asina convenios por importe total de 25.000 euros anuais que distribúe en axudas ás entidades Asodifisi, Cogami, Aceesca Emprego, Discamino e EVD Galicia
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada da concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, asinou xunto con representantes das entidades beneficiarias, os convenios municipais de apoio a colectivos de persoas con discapacidade. Mediante un total de 5 convenios o Concello de Mos destina 25.000 euros anuales en axudas as asociacións: Asodifisi, Cogami, Aceesca Emprego, Discamino e EVD Galicia.
No acto de sinatura, que se realizou hoxe nas instalacións da antiga Casa Reitoral de Petelos, estiveron presentes para asinar os devanditos convenios unha representante de EVD Galicia, Ángeles Iglesias, o tesoureiro de Asodifisi, Jorge Arjones, o director do centro de resursos de Mos de Cogami, Celso Álvarez, a xerente de Aceesca, Ángeles Leirós, e o presidente de Discamino, Javier Pitillas.
Os representantes das asociacións explicaron os innovadores proxectos inclusivos que desenvolverán grazas á axuda da administración local mosense e que consistirán, no caso de Asodifisi, en obradoiros e formación sobre discapacidade e dependencia para familias coidadoras e outros colectivos, no caso de Cogami, nun proxecto de intervención asistida con animais, entre eles cans, patos, ocas e galiñas, mediante o que se recuperará, entre outras iniciativas, o espazo para galiñeiro do que xa dispuxo no seu día o centro de Cogami en Mos, no Rebullón; no caso de Aceesca Emprego, nun servizo de transporte de persoas usuarias de Mos a Porriño (onde se atopa ubicado o centro), no caso de Discamino, en actividades en centros educativos de Mos e no Desenvolvemento dun programa de fomento, promoción e divulgación para a práctica do exercicio físico e o deporte adaptado, e no caso de EVD nun proxecto de formación para as mulleres usuarias titulado “Autoxestoras para unha vida independente” mediante o que as usuarias de EVD Galicia erixiranse en exemplo para outras persoas con discapacidade ás que lles instruirán, en primeira persoa, sobre a experiencia da independencia e autonomía persoais en convivencia coa discapacidade. En total beneficiaranse, e participarán destes 5 proxectos, 533 mosenses usuarios e usuarias das 5 entidades coas que se asinaron os devanditos convenios.
Ademais destas colaboracións, en Mos cóntase co taller de xardinería no que se está a impartir un Obradoiro de Horto Ecolóxico coas usuarias das Escravas da Virxe Dolorosa no invernadoiro das antigas instalacións de Asodifisi en Torroso, que subvenciona íntegramente o Concello ao longo de todo o ano para EVD.
Neste senso a rexedora local Arévalo e a edil de Servizos Sociais, Sara Cebreiro, destacaron que “desde o Concello de Mos en xeral e desde o departamento municipal de Política Social en particular, promovemos a colaboración a través de convenios coas entidades de apoio á discapacidade coa finalidade de fomentar as oportunidades das persoas, a través da igualdade, da formación, da participación, da inclusión e da sensibilización”.
Mediante estas iniciativas ás que a administración local mosense lles presta aopoio económico fomentaranse experiencias enriquecedoras para os usuarios das diferentes entidades beneficiarias, así como para as persoas da súa contorna.
Preténdese aumentar a confianza en sí mesmos dos usuarios dos diferentes centros e potenciar a súa iniciativa e creatividade, entre outros obxectivos. Ademais, facilitarlles as capacidades para relacionarse, mellorar a comunicación e traballar en equipo, co obxectivo de alcanzar unha meta común. Que se sintan persoas útiles na sociedade, e que aumente a súa confianza.
As diferentes iniciativas perseguen, ademais de beneficios para a saúde e psicolóxicos, beneficios a nivel físico. Sempre construíndo un ambiente participativo que promova a dignidade das persoas con discapacidade con apoios individualizados de calidade.
E sempre actuando en base aos valores de dignidade, apoio integral, orientación á calidade, traballo en equipo e adaptación.