Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a...

A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Galicia desde el Mar” de Antonio Abalde

- Anuncio -

A mostra, na que o pintor vigués fai unha homenaxe á costa galega, ás súas rías e á vida mariñeira, poderá visitarse na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o 17 de novembro

A Deputación de Pontevedra inaugura este venres, 1 de novembro, a exposición “Galicia desde el Mar”, unha mostra na que o pintor vigués Antonio Abalde fai unha homenaxe á costa galega, ás súas rías e á vida mariñeira e que poderá visitarse na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, ata o vindeiro 17 de novembro.

A través da acuarela, técnica que lle permite xogar coa luz, a auga e a transparencia, o pintor ofrece nas súas obras unha fiestra ás paisaxes, ao mar, ás xentes e á cultura galegas. Desta maneira, os cadros que compoñen esta mostra capturan a vida cotiá das vilas mariñeiras, coas súas barcas varadas, os ceos anubrados que anuncian tormentas e as redes colgando nos peiraos.

Antonio Abalde é un pintor nado en Vigo en 1951. O seu nome artístico, Abalde, é recoñecido no ámbito artístico galego e máis alá das súas fronteiras. Desde as súas primeiras obras mostrou unha profunda admiración por Galicia, e iso refléxase na súa produción artística, que xira arredor das paisaxes, a cultura, a etnografía e a vida cotiá da rexión. Ao largo da súa carreira ten exposto a súa obra en numerosas galerías e centros culturais, tanto a nivel nacional como internacional.

A exposición “Galicia desde el Mar”, que acollerá a partir deste venres o Palacete das Mendoza, pode visitarse ata o 17 de novembro de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

O Ribeiro marida os seus viños coa arte e coa música nunha nova edición...

0
O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Preto de 2.000 atletas lánzanse á pista no Rosal no Cros Escolar en horario...

0
Organizada por Agrudebam en colaboración co Concello e co CPI Manuel Suárez Marquier dentro do programa Xogade, a actividade conta coa participación de alumnado...

Publicacións Relacionadas