Nova data para o concerto de The Rapants

adminON
Lectura mínima de 1
  • Trátase dunha das bandas máis recoñecidas no panorama musical galego actual

Xa temos nova data para o agardado concerto de The Rapants, o próximo xoves 4 de setembro, para desfrutar das últimas xornadas antes da rutina do novo curso.

Esta banda galega destaca pola súa frescura no panorama musical galego, con temas animados, cheos de enerxía e de bo rollo. Algúns dos seus traballos máis coñecidos son “O Avión”, “La Favorita” ou “Meu Cariño”.

A súa actuación será no antigo estadio do Trega este xoves 4 de agosto ás 22:30h. Para ir quentando motores, ás 21:30h será a sesión do dj Cristian Pereyra.

Agardámosvos!

Comparte este artigo