A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos Glez. Carrera, visitaron o barrio de San Roque para supervisar as tarefas de reacondicionamento e reposición tra-las obras da nova depuradora.
A nova depuradora que, xa entrou en funcionamento, garante que non se verta ao río residuos prexudiciais. Nas últimas semanas realizáronse traballos que devolveron á normalidade o solo, os subministros e a contorna.
A depuradora recibe o saneamento do centro urbano e da totalidade de todos os colectores. González Carrera agradece a colaboración da cidadanía sendo consciente “de que as obras sempre supoñen incomidade aínda que neste caso coa satisfacción de que estamos a dar un paso importante no coidado e protección do noso río”.
“Esta era unha obra moi necesaria para protexer o medio ambiente e tamén para dar un servizo axeitado á cidadanía. Unha obra imprescidible para avanzar na nosa estratexia de crecemento na que o medio natural xoga un papel fundamental” adiantou a alcaldesa quen recorda que o Concello de Pontearea foi o primeiro de Galicia en aprobar a súa estratexia de infraestructura verde.

