A banda de música trae de novo os seus concertos nas parroquias

adminON
Lectura mínima de 1
  • A Agrupación Musical da Guarda pasará por Salcidos, Buxán e Salcidos durante este ciclo

A Agrupación Musical da Guarda volve a ofrecer este ano o seu ciclo de Concertos nas parroquias para levar a música ás diferentes zonas da Guarda.

Este ciclo realízase en colaboración co Concello da Guarda e comprende tres concertos durante as últimas semanas de verán.

O primeiro concerto será o próximo venres 29 de agosto ás 20:00h, na praza de Salcidos. Unha semana máis tarde, o 5 de setembro, ás 20:00h poderemos desfrutar da banda de música na praza de Buxán. Este grupo de concertos poñerá fin en Camposancos, na praza de San Amaro o 13 de setembro ás 19:00 horas. 

A Agrupación Musical da Guarda vén de ofrecer o pasado sábado un concerto especial polo seu XX aniversario na que recibiron fortes ovacións pola súa música rock e de bandas sonoras.

Comparte este artigo