Home Xunta de Galicia A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e a formación dos servizos de emerxencias

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de maneira periódica simulacros cos que comprobar a eficacia da coordinación dos efectivos
  • Diego Calvo incidiu no papel do 112 Galicia na mobilización dos servizos de emerxencias ante calquera incidencia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor hoxe no Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta na prevención e planificación da atención ás emerxencias. Nesta liña, destacou que para estar preparados ante calquera adversidade o Goberno galego “traballa na formación dos efectivos, mantén actualizados todos os plans de actuación e organiza simulacros periodicamente para testar a coordinación dos efectivos mobilizados”.

Pese a que os servizos de emerxencias son competencia municipal -das deputacións provinciais nos concellos de menos de 20.000 habitantes e dos propios municipios que superen esta poboación- a Xunta leva realizado un importante investimento neste ámbito nos últimos anos que acada os 186 millóns. Diego Calvo sinalou durante a interpelación parlamentaria que, desta contía, case 100 millóns corresponden aos 25 parques de bombeiros dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento, dos que a Xunta asume o 50% dos custos.

Outros 63 millóns van destinados aos 33 Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), cuxo traballo é fundamental en intervencións rápidas en zonas rurais e afastadas. Desde a súa creación en 2013, estes grupos percibiron máis de 50 millóns para gastos de funcionamento -máis da metade do custo total- e 13 millóns á dotación de material.

Do mesmo xeito, a Xunta leva destinado unha achega de 18 millóns en apoio ás 235 agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia integradas por máis de 4.000 persoas e que, como lembrou o conselleiro  prestan “un impagable labor altruísta”. Desta cifra, 14 millóns van dirixidos a reforzar o equipamento destes colectivos e os 4 millóns restantes para colaborar nos custos de funcionamento.

Por outra parte, a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) ademais de formar ás distintas promocións de Policía Local, acolle cada ano un amplo programa de formación continua para as forzas e corpos de seguridade e os servizos de emerxencias que traballan na comunidade. Así, no que se refire á actualización dos coñecementos do persoal do sistema integrado de protección civil e de emerxencias, o investimento da Xunta suma 5 millóns de euros nos últimos dez anos.

Durante a interpelación, Diego Calvo sinalou tamén o papel do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia na coordinación dos operativos e que, á súa vez, conta co Grupo de Apoio Loxístico (GALI) ou a súa unidade operativa de drons, clave na busca de persoas desaparecidas.

Plan Inungal

Noutra pregunta parlamentaria, o conselleiro de Presidencia incidiu no compromiso da Xunta coa prevención ante riscos e emerxencias e destacou a mellora continua do plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (plan Inungal) que vén de revisarse e que neste ano se activou en situación de preemerxencia en seis ocasións. A través deste plan, a Administración autonómica apoia a coordinación dos servizos de emerxencias para diminuír os riscos e reducir as consecuencias negativas das inundacións.

Desde a súa aprobación en 2002 esta é a terceira actualización tras as de 2016 e 2020. A revisión actual inclúe novas análises de risco e adaptase aos requirimentos a nova norma básica de protección civil.

Diego Calvo instou aos concellos a cumprir os seus compromisos, xa que, dos 51 de municipios obrigados a contar con plan de acción municipal ante inundacións, só unha ducia dispoñen do plan actualmente, incluíndo o de Gondomar aprobado o pasado venres no pleno da Comisión Galega de Protección Civil. Ademais, dos 45 concellos aos que se lle recomenda só o teñen cinco.

De feito, a semana pasada a Xunta, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, remitiu cartas instando aos concellos a contar con Plan de actuación municipal para estar preparados ante incidencias. As misivas remitíronse aos municipios que están obrigados a ter este plan e aínda non o teñen, aos que se lles recomenda e tampouco dispoñen del e aos obrigados telo que o aprobaron hai catro anos e teñen que revisalo.

No proceso de renovación do Inungal tamén se ten en conta o risco de inundación derivado da posible rotura de presas que obriga aos concellos a  prever actuacións específicas para garantir a seguridade da poboación. É o caso do plan de actuación municipal de Dumbría por risco de rotura das presas de Fervenza e Santa Uxía de Xeal, tamén aprobado o pasado venres. Súmase así ao grupo de concellos que cumpriron con este requisito, aínda que dos preto de 150 concellos que deben facelo, só 42 compren neste momento con esa obriga.

Ao Inungal súmanse outros instrumentos de prevención como o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), ou os Plans especiais de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais (Peifoga), por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (Transgal) ou de Salvamento nas Praias de Galicia (Sapraga).

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo...

0
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e...

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

Publicacións Relacionadas