O concello de Nigrán amosa o parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ a alumnado dun master interuniversitario en xestión de lumes

adminON
Lectura mínima de 2

Os estudantes, procedentes de de Canarias, Andalucía, Aragón, Valencia, Madrid ou Galicia, realizaron unha visita guiada acompañados polo alcalde de Nigrán e a xefa da Brigada Forestal Municipal

O parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ servíu de escenario real para o alumnado que cursa o ‘Máster Oficial en Incendios Forestales Ciencia y Gestión integral’ coordinado pola Universidad de Lleida coa colaboración da Universidade de Vigo a través do seu profesor, Juan Picos, Universidade de Valencia e de León. Os preto de 20 estudantes, procedentes de Canarias, Andalucía, Aragón, Valencia, Cataluña ou Castela León, visitaron as áreas afectadas en Nigrán polos incendios forestais do ano 2017 acompañados do alcalde, Juan González, e da xefa da Brigada Forestal Municipal, Carla Pérez. Concretamente, coñeceron a zona entre as parroquias de Camos e Chandebrito que conforma o parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ (proxecto nacido, a raíz destes lumes). O obxectivo da visita foi comprobar de primeira man as casuísticas do lume e a rexeneración posterior do territorio.

“Sempre o dicimos, a raíz deses graves incendios nos que desgraciadamente faleceron dúas mulleres de Chandebrito, naceu unha nova conciencia social en Nigrán sobre a xestión do monte que se traduce neste parque forestal que estamos a crear grazas, precisamente, as comunidades de Montes de Camos e Chandebrito”, explica o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo