O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

adminON
Lectura mínima de 1

Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais 

As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa coa súa aposta  pola mellora das infraestruturas municipais, executando novos traballos para optimizar  os accesos ás vivendas da veciñanza. Nesta ocasión, as actuacións céntranse na zona de  Guláns/Estación, onde se están levando a cabo intervencións que permitirán unha  circulación máis segura e cómoda. 

Estas melloras forman parte do compromiso do goberno municipal para seguir avanzando  na modernización viaria, garantindo unhas infraestruturas máis accesibles e funcionais  para todas e todos. Desde o Concello agradécese a comprensión e colaboración da  cidadanía durante a execución destes traballos.

Comparte este artigo