O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa asociación Secot unha formación para aprender a utilizar o móbil dentro do programa “Senior Challenge Rural”.
O curso celebrarase en dúas ubicación:
– Leirado os días 17 e 18 de febreiro de 11:00 a 12:30 horas na Casa do Maior. – Salvaterra de Miño os días 19 e 20 de febreiro de 11:00 a 12:30 horas na Aula de Capacitación Dixital da Casa da Cultura de Salvaterra.
A actividade totalmente gratuíta ten como fin incorporar o coñecemento das tecnoloxías de comunicación móbiles ós maiores para que utilicen os dispositivos (Smartphone e Tablets) na súa vida cotiá como ferramentas de apoio. Para inscribirse as persoas interesadas poderán facelo a través do correo comunicacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 629 770 177.

