As Neves, lista para a Sestelo Clásica Álvaro Pino 2025!

adminON
Lectura mínima de 1

A proba ciclista pasará este ano polo centro  urbano do municipio como gran novidade 

O Concello de As Neves volve  colaborar un ano máis coa Sestelo Clásica Álvaro Pino, unha das probas  de ciclismo máis destacadas do calendario galego, que se celebrará o  domingo 25 de maio. Nesta edición, a gran novidade será o paso da  carreira polo centro urbano de As Neves, permitindo que a veciñanza e  visitantes poidan desfrutar do espectáculo deportivo moi de preto. 

A presentación oficial do evento contou coa presenza do alcalde de As Neves,  José Manuel Alfonso, a concelleira de Deportes, Ana Durán, e o  concelleiro de Vías e Obras, José Luis Seoane. O goberno municipal  reafirma así o seu compromiso co deporte e coa promoción de eventos de  gran impacto na comarca. Máis novidades en camiño! Nos próximos días iranse desvelando máis  detalles sobre a carreira, que promete ser unha edición chea de emoción e  participación.

Comparte este artigo