Persoal técnico e o rexedor accederon esta mañá ao interior do edificio para poder ver in-situ as reparacións necesarias para convertilo en centro social para a terceira idade e sede de Protección Civil, cuestión que se aprobará no pleno de xaneiro
“Pese a tantos anos pechado, mantense en moi bo estado interior, sen problemas nin de humidades nin estructurais”, explica o alcalde, Juan González,
A escasos metros desta infraestrutura, está outra que vivíu unha situación similar, o faro de Canido (Nigrán), que xa luce renovado e a piques de abrir como sede da Escola Municipal de Pintura
O Concello de Nigrán disporá a inicios de 2025 do antigo centro de saúde de Panxón para transformalo nun centro social para os maiores da parroquia e nova sede para Protección Civil. Así, despois de 7 anos de trámites, esta mañá persoal técnico da Tesorería General de la Seguridad Social e o rexedor accederon esta mañá ao interior do edificio para poder ver in-situ as reparacións necesarias ao ser inminente a súa cesión.
“Hay un mes firmamos ante notario os derradeiros papeis que faltaban para completar toda a documentación e agora queremos adiantar tempo empezando a avaliar as obras máis urxentes antes da propia entrega de chaves”, indica o alcalde, Juan González, quen tamén estivo acompañado na visita por representantes da Asociación de Veciños Monteferro-Panxón e Protección Civil, xa que serán os futuros usuarios. O obxectivo do Concello é rehabilitalo para adaptar a área dunha única planta a un centro social para maiores do que carece a parroquia e a outra para novo local de Protección Civil, que se atopa no Centro Antena da rúa Otera Pedraio nunha situación precaria ao precisar de máis espazo, neste sentido o Concello xa emitíu o correspondente informe á Tesorería indicando o futuro uso e o aprobará oficialmente no pleno de xaneiro de 2025. “Inicialmente tamén se valorara adicalo a local para a mocidade, pero xurdíu a oportunidade de mercar os baixos e o cine do Centro Comercial A Ramallosa, que si se destinarán a ese fin”, engade.
“Pese a tantos anos pechado, mantense en moi bo estado interior, sen problemas nin de humidades nin estructurais”, explica o alcalde, Juan González, quen xa o visitara en marzo de 2023 xunto a responsables da dirección provincial da T.G.S.S.
O procedemento administrativo está a piques de culminar tras 7 anos de burocracia entre servizos xurídicos do Concello, Notaría e Seguridad Social por non estar correctamente inscrito o edificio no Registro de la Propiedad (a parcela vendida en 1975 por 17.275 pts en Subasta Pública por parte do Concello ao Instituto Social de la Marina permanecía nun limbo administrativo porque a Tesorería General non a chegara a inscribir no Registro).
Precisamente, a escasos metros desta infraestrutura, está outra que vivíu unha situación similar, o faro de Canido (Nigrán), que xa luce renovado e a piques de abrir como sede da Escola Municipal de Pintura. A Delegación do Goberno en Galicia confirmou a concesión de 232.730,25 € dos fondos europeos Next Generation para rehabilitar integralmente este edificio ubicado ao carón de Panxón e practicamente en situación de abandono tras quedar nun limbo urbanístico ata a modificación das normas subsidiarias no ano 2020.
“Esta contorna terá en uso no 2025 dous edificios públicos destinados a veciñanza, o que mellorarán a calidade de vida dos cidadáns e a propia imaxe da zona”, finaliza o alcalde.

