Interpretarán panxoliñas e dous temas conxuntamente
O Templo Votivo de Panxón acolle este sábado 21 de decembro ás 19:30 horas un concerto de Nadal a cargo da coral anfitriona Novos Aires de Nigrán e a gondomareña de San Vicente de Mañufe. Cada unha delas interpretará sete temas e, conxuntamente, ‘No la debemos dormir’ e o ‘Adeste Fideles’. Os asistentes poderán gozar de panxoliñas clásicas como ‘El tamborilero’, ‘Campanitas de Navidad’, ‘Noche de Paz’ o ‘Jesús Redentor’.

