A rondalla anfitriona de Santiago de Parada participa xunto á ‘A.V.V. Galiñeiro’ de Vincios, ‘A Merced’ de Chaín e ‘Airiños da Lagoa’, de Baiona
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 22 de decembro o seu tradicional certame de rondallas na Alameda da Ramallosa a partir das 11:00 horas. A coral anfitriona de Santiago de Parada participa nesta cuarta edición xunto á ”A.V.V. Galiñeiro’ de Vincios, ‘A Merced’ de Chaín e a recén creada ‘Airiños da Lagoa’, de Baiona. A rondalla de Santiago de Parada voverá a saír ás rúas de Nigrán, como é tradición, a tarde do 24 de decembro.

