Esta fin de semana CPA Salvaterra celebra o II Trofeo Solidario

adminON
Lectura mínima de 1

Este sábado comeza a II Edición do Trofeo Solidario Salvaterra de Miño, organizado polo  CPA Salvaterra e coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e Deporte Galego  da Xunta de Galicia.  

Máis de 140 patinadores se darán cita no Pavillón Cándido Carrera o sábado e o  domingo, onde o denominador común será a solidariedade, coa recollida de alimentos  non perecedoiros e productos de hixiene.  

O evento estará dividido por seccións e as súas correspondentes entrega de trofeos.  

Dende o Concello transmitimos os nosos parabéns e gratitude a esta fermosa iniciativa  levada a cabo polo CPA Salvaterra, onde poderemos gozar ademais de dúas xornadas  espectaculares sobre patíns.

Comparte este artigo