Un total de 131 persoas participarán na carreira absoluta de 6 km entre Panxón e Lourido e outras 252 nas demais categorías
Un total de 383 corredores protagonizarán este sábado 21 de setembro a ‘XIII carreira pola praia Nigrán Area’, organizada entre Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor. A proba absoluta, que consta dun percorrido de 6 km polo areal de Panxón-Praia América coa marea baixa, será disputada por 131 corredores.
O evento deportivo, supervisado pola Federación Galega de Atletismo e irmandado coa maratón do Sáhara, arranca ás 11:00 horas precisamente coa proba reina. A continuación irán os sub 16 (2 km), os sub 14 (1500 m), os sub 12 (1 km), os sub 10 (500 metros), os sub 8 (300 metros) e os pitufos (100 metros). A máis numerosa destas categorías será a sub-10 con 60 inscritos.

