O concello de Nigrán clausura do obradoiro de pintura ao aire libre en Praia

adminON

Durante toda esta semana unha ducia de crianzas participaron no obradoiro ‘Cada día un artista’ que se desenvolveu de 10:00 a 12:00 horas en Praia América a cargo de Laine Villero. Cada xornada estivo adicada á interpretación dun pintor

 O alcalde de Nigrán e o edil de Cultura, Juan González e Roberto Garrido, asistiron este mediodía á clausura do obradoiro de pintura en Praia América-Lourido ‘Cada día un artista’, do Concello de Nigrán e a cargo de Laine Villero. Así, unha ducia de crianzas de 6 a 14 anos adicaron cada xornada desta semana a interpretar as obras dalgúns dos pintores máis ilustres, como por exemplo Vincent van Gogh, Edvard Munch, Maruja Mallo, Pablo Picasso ou Frida Khalo. A rapazada, que pintou con acrílicos de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas baixo a sombra das árbores e aos pés de Praia América, expuxo este mediodía todas as súas creacións para que as familias puidesen admirar o resultado final. A este obradoiro artístico o Concello suma o de cómic manga celebrado en xullo tamén con gran éxito. O obxectivo, ao igual que cos diferentes campus deportivos que se ofertan conxuntamente desde o Concello e os clubes de Nigrán, é ofrecer un tempo de lecer de calidade ás crianzas mentres que se facilita a conciliación familiar.

Comparte este artigo