Encontro coa escritora Inma López mañá xoves en Tui

adminON
Lectura mínima de 1

Presentará o seu libro “Escola de Mulleres”

Mañá xoves, 21 de marzo, ás 19.30 h, na Sala Félix Rodríguez, haberá un encontro coa escritora Inma López, no que presentará o seu libro “Escola de Mulleres”. Este acto pecha a programación do 8M, Día Internacional da Muller, deste 2024.

Inma López é novelista, ensaísta, crítica teatral e columnista de prensa.  Conta cunha ampla obra literaria  coma Rosas, corvos e cancións, New York, New York, Memoria de cidades sen luz, Tinta, Maternosofía, Chámame señora, pero trátame coma a un señor, Aqueles días en que eramos malas, O libro da filla e Escola de Mulleres que mañá presentará en Tui.

Foi recoñecida cos premios Xerais, Blanco Amor, San Clemente, Losada Diéguez e Francisco Fernández del Riego.

“Escola de mulleres” é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, e dunha realidade incerta. Unha novela que nos cuestiona sobre os límites.

Precisamente “Escola de mulleres” é o primeiro libro co que reiniciou a súa actividade o Club de Lectura “Tempo de Mulleres” impulsado pola concellería de Igualdade e que dinamiza Cristina Fernández.

Comparte este artigo