A candidatura visitou a feira de Sabarís e alentou “ao recambio urxente de Rueda que está con respiración asistida. O 18F ninguén pode quedar na casa”
A candidatura socialista entra en Baiona na recta final da campaña alentando á cidadanía a ir a votar para rematar “coas mentiras e a desfeita de Rueda nunha Xunta desnortada, sen rumbo, e que está a vivir con respiración asistida”. A candidata Leticia Gallego, número 5 da lista, xunto ao portavoz no Concello Carlos Gómez e concelleiras, concelleiros e militantes dos concellos do Val Miñor, visitou hoxe a feira de Sabarís, onde animou á cidadanía “a unha participación masiva que leve a Besteiro a consumar ao recambio urxente “dunha Xunta que non funciona”. Se a xente vai votar o domingo, Rueda e o PP sairán e non hai outra opción se queremos enfrontar os retos que ten Galicia”, dixo a candidata.
Gallego denunciou que “a política ten que servir para mellorar a vida da xente e o PP está a xogar cos dereitos máis básicos: nin unha soa residencia pública, unha sanidade de desastre, a educación abandonada e fronte a todo iso, engadeu, a permanente desidia e inacción de Rueda. Disto vai o voto o próximo domingo”.
Pola súa banda, Carlos Gómez puxo o foco “na marxinación que o Val Miñor e Baiona sofren coa Xunta de Rueda”, pero tamén “na nefasta xestión dos populares desde que chegaron á Alcaldía de Baiona”. O portavoz socialista denunciou “que en só 7 meses toda a veciñanza xa sabe do que son capaces: racharon por completo a dinámica de crecemento que tiña Baiona como pasou co desastre do Nadal en que o comercio baionés tivo a peor facturación dos últimos 14 anos, e enfrontáronse co todo o tecido asociativo da vila rebaixando o caché das asociacións culturais do pobo mentres mantiveron o das contratacións de grupos foráneos. Ese é o PP”.

