O Reis Magos de Oriente visitaron hoxe durante toda a mañá as 19 parroquias que forman o Concello de Touro. En cada unha das parroquias entregaron a nenos e nenas caramelos e agasallos. O percorrido comenzou en Quión ás 10.45 horas. E seguiu en Beseño, Turces, Circes, Calvos, Santirso de Cornado, Andeade, Novefontes, Fao, Riveira, Enquerentes, Fontes Rosas, Loxo, Bama, Prevediños, Foxás, Bendaña e Vilar. O visita rematou na capital do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Alí os Reis Magos chegaron ata o campo da festa, onde recibieron aos nenos e nenas que esperaban por eles. Entregáronlles caramelos e agasallos. Durante todo o percorrido mantivéronse as medidas sanitarias de distancia social, desinfección de mans e uso de máscara para manter afastada á Covid19. Este ano os veciños e veciñas de Touro non poideron recibir aos Reis Magos no Pavillón de Deportes, onde tradicionalmente se instalaba o Belén Viviente. A pandemia evitou esta celebración, que concentraba a nenos e nenas de todas as parroquias de Touro e tamén doutros concellos. O Concello de Touro confía en que no próximo ano poida celebrarse a chegada dos Reis como xa é tradición e desexa que esta noite os Magos traballen moito para levar presentes a todas as casas do municipio de Touro.