A concelleira Tamara Silva recibe o alumnado do Colexio San José (Josefinas) participante no proxecto Erasmus KA1

adminON
Lectura mínima de 1
  • O colexio ourensán acolle alumnado de Eslovaquia, Noruega e Romanía

A concelleira de Educación, Tamara Silva recibiu esta mañá a 33 participantes no Proxecto Erasmus KA1 que promove a mobilidade por motivos de aprendizaxe para estudantes e persoal de organizacións e institucións de educación e formación.

O alumnado do Colexio San José é o anfitrión deste proxecto que reúne estudantes e profesorado de Eslovaquia, Noruega e Romanía para trataren temas de democracia, saúde, medio ambiente e benestar.

Comparte este artigo