HomeOurenseO alcalde convida os grupos municipais a formar parte da xunta de...

O alcalde convida os grupos municipais a formar parte da xunta de goberno local

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convidou esta mañá os grupos políticos municipais a integrarse na xunta de goberno local designando un representante que acuda con voz e voto ás súas sesións. Nun escrito dirixido os grupos de PsdeG-PSOE, PP, C´s e BNG, o rexedor explícalles que, ante a baixa dun dos concelleiros que forman a xunta de goberno, Telmo Ucha, invita a que os demais grupos políticos se integren neste órgano coa finalidade de “non retrasar expedientes e procedementos municipais”.

O alcalde solicita os grupos que expresen a súa disposición e aceptación, lembrando que a próxima sesión sería o próximo xoves. Non fai extensivo o convite aos concelleiros de Democracia Ourensá que non forman parte do goberno municipal porque “non confío nas persoas que romperon a disciplina de partido no último pleno”.

A incorporación que propón o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, non se limitaría ao tempo que Telmo Ucha estea de baixa: “Manteriamos a nosa disposición a que os diversos grupos municipais formasen parte, máis aló do problema actual”, afirma o rexedor.

Publicacións Relacionadas