‘A Hortiña’, o horto ecolóxico da Asociación Autismo Bata, faise realidade grazas a unha iniciativa solidaria conxunta

Redacción
Lectura mínima de 2

A suma de deporte, solidariedade e música fixo posible un impacto real na vida de mozas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Grazas á Gladiator Race de Pontevedra patrocinada principalmente por Banco

Mediolanum e o seu proxecto de acción social, Mediolanum Aproxima, e ao decisivo apoio do Orfeón Voces Graves de Arousa, o proxecto educativo-terapéutico “A Hortiña”, levado a cabo pola Asociación Autismo Bata, xa é unha realidade. Durante a Gladiator Race, cada participante doou un euro destinado á creación dun recuncho de cultivo ecolóxico no centro educativo que BATA ten en Vilaxoán e o impulso definitivo chegou da man do Orfeón Voces Graves de Arousa, cuxa implicación, cun concerto solidario, foi peza crave na obtención dos fondos necesarios. Este espazo inclúe un invernadoiro, zona de cultivo, almacén para apeiros e sistema de rega, concibido como ferramenta para a autonomía, a capacitación e a inclusión social e laboral de alumnos/as con TEA. A recadación a través da plataforma “Migranodearena” ascendeu a 4.612 euros, e a esta cifra engadiuse o compromiso de Fundación Mediolanum en España*, que dobrou a cantidade recadada ata alcanzar os 9.224 euros doados á asociación. Grazas a iso, o proxecto “A Hortiña” puido executarse na súa totalidade e xa está operativo no patio do centro educativo de Vilaxoán, onde se converterá nun elemento de aprendizaxe e benestar para os alumnos/as. Autismo Bata destaca o labor dos Family Bankers de Banco

Mediolanum implicados e dos integrantes de Orfeón

Voces Graves de Arousa, cuxo apoio, xenerosidade e capacidade de mobilización social foron determinantes para transformar unha iniciativa solidaria nun proxecto educativo con impacto real e duradeiro.

Comparte este artigo