A Deputación colabora cunha nova edición do Ouren Sound Fest, “o primeiro Festival de Ourense”

Redacción
11.00 H.- PRESENTACIÓN XI OUREN SOUND FEST O presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación da 11ª edición do Ouren Sound Fest. Tamén participan Marta Novoa Iglesias (Alcaldesa de Sa Cibrao das Viñas), Xose Manuel Merelles (Turismo de Galicia), Rubén Álvarez Cid e Rubén Varela Cruz (Organizadores do festival), Manuel Pardo Cid (Delegado da Xunta en Ourense) e Juan González (Representante de Mahou). No campo de fútbol do Parque Tecnolóxico (San Cibrao das Viñas).

O presidente provincial, Luis Menor participou hoxe na presentación desta XI edición que se celebrará no campo de fútbol do parque tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, cambiando de ubicación pero coa “mesma perspectiva”, poñer a Ourense como referente musical

O cartel deste ano é unha proposta “musical de primeiro nivel”, salientou Menor, que reúne a referentes do panorama nacional e aposta polo noso talento con artistas como Iván Ferreiro celebrando o seu 35 aniversario, que xunto aos demais farán desta undécima edición un novo éxito

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na presentación da XI edición do Ouren Sound Fest sendo “o primeiro Festival de Ourense e un dos máis importantes de Galicia” que cambia de ubicación mantendo a “mesma perspectiva”, poñer a Ourense como referente musical.

A presentación do evento tivo lugar no campo de fútbol do Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, escenario desta nova edición, contribuíndo así á descentralización da programación cultural cara ao interior de Galicia.

O cartel deste ano é unha proposta “musical de primeiro nivel”, salientou Menor, que reúne a referentes do panorama nacional, e por suposto, aposta polo noso talento con artistas como Iván Ferreiro celebrando o seu 35 aniversario, que xunto aos demais farán desta undécima edición “a máis potente”, dixo Menor.

Este festival contribúe á dinamización cultural e económica do territorio, xerando un importante impacto económico con máis de 300 postos de traballo directos e indirectos e prioriza nun 90% aos provedores da provincia.

Ademais, o Ouren Sound Fest debe ser un “referente” porque estamos “no circuíto dos concertos xacobeos”, unha aposta da Xunta para promocionar o Camiño e, nesta ocasión, o da Vía da Prata que pasa polo municipio de San Cibrao das Viñas. Unha visión que encaixa nesa “prioridade” que ten este goberno provincial de impulsar esta ruta como “recurso turístico  de primeiro nivel pola súa capacidade de crecemento”, explicou o presidente provincial.

Así mesmo, o presidente provincial destacou a importancia da cooperación público-privada para sacar adiante este evento que “vivín como anfitrión nas dúas últimas edicións e podo confirmar que é un festival que atrae non só a público de Ourense, senón tamén de Galicia e de diferentes puntos de España”.

Con esta nova edición, o Ouren Sound Fest contribúe a “promocionar o territorio” a través da arte, da cultura e da música e actuando como “motor económico” deste municipio. Polo tanto, Luis Menor felicitou ao organizador do Festival que demostra que desde Xunqueira se pode sacar adiante un proxecto desta envergadura que aposta por Ourense e agradeceu o reforzo económico da Xunta con este evento que será a antesala “dun ano 27 Xacobeo que romperá todos os récords”.

Comparte este artigo