Home Pontevedra Caldas O Revitaliza financia dous novos vehículos para o servizo de compostaxe de...

O Revitaliza financia dous novos vehículos para o servizo de compostaxe de Valga

- Anuncio -

O vicepresidente Mosquera participou hoxe no acto de entrega e subliñou que o concello “pode ser exemplo na zona de como se fan as cousas ben”

A Deputación concedeu ao concello unha subvención de 239.384 euros e tamén axudas para a contratación de persoal

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de financiar a adquisición por parte do Concello de Valga de dous camións destinados ao servizo de Compostaxe do concello. O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e o alcalde José María Bello Maneiro, participaron esta mañá no acto de entrega.

O vicepresidente salientou que a Deputación colaborará decididamente con todos os concellos que aposten por mellorar o seu sistema de xestión de lixo, facilitando tanto as axudas económicas precias como tamén o soporte técnico e o asesoramento necesario para levar o programa de compostaxe adiante. “Valga pode ser un bo exemplo na zona de como se fan as cousas ben”, dixo, para lembrar que é un dos poucos concellos da provincia preparados para cumprir coas esixencias ambientais da normativa europea, estatal e autonómica.

Os dous novos vehículos son un camión carrozado con grúa e un furgón con remolque supuxeron un investimento de 100.000 euros e foron subministrados pola empresa Talleres Santiago Iglesias S.L. O camión permitirá o traslado por arrastre da máquina trituradora de biomasa que o Concello adquiriu tamén ao abeiro do Revitaliza. Ademais, este vehículo empregarase para o traslado do material estruturante (restos leñosos secos que é preciso misturar co lixo orgánico domiciliario na Compostaxe), así como pólas e demais restos vexetais para a súa trituración, facilitando e axilizando a distribución do material necesario para que o proceso de compostaxe se leve a cabo correctamente tanto nos centros de compostaxe comunitaria como nos composteiros individuais que se están a repartir polo concello.

Por outra parte, o furgón con remolque será empregado pola mestra composteira contratada grazas ás axudas da Deputación para os seus desprazamentos aos domicilios da veciñanza co fin de realizar o seguimento dos composteiros individuais.

O alcalde explicou durante o acto de entrega que a súa adquisición resultaba “imprescindible para o bo funcionamento do programa de compostaxe” que se está a implantar en Valga dende hai meses e que “está a funcionar moi ben”. Lembrou que xa se entregaron máis de 900 composteiros individuais entre a veciñanza e se instalaron tres centros de compostaxe comunitarios na Avenida da Coruña, no colexio de Baño e na rúa Doutor de Oya Salgueiro.

A Deputación concedeu ao Concello de Valga unha subvención inicial para a consolidación do Plan Revitaliza no territorio que ascende a 239.384 euros euros. Así mesmo, está cofinanciar o pago do persoal de compostaxe durante tres anos, facéndose cargo na primeira anualidade do 100%, nasegunda do 50% e na terceira do 30%.

Grazas á subvención recibida, o Concello de Valga puido mercar, ademais do camión e do furgón entregados hoxe unha trituradora, módulos para os centros de compostaxe comunitaria, realizar as obras das plataformas para instalar cos centros, material de traballo, caixóns de estruturante, 1.000 composteiros individuais e tamén material informativo para a veciñanza

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas