Home Pontevedra O Salnés A Xunta de Galicia efectuará en vindeiras datas nos concellos de Vilanova...

A Xunta de Galicia efectuará en vindeiras datas nos concellos de Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa novos cribados con pcr convencional cara a ampliar a detencción da Covid 19

- Anuncio -

Ditas iniciativas preventivas terán lugar mañá, xoves 6 de maio no pabellón municipal vilanovense, mentres que en Vilagarcía de Arousa efectuaránse o venres 7, sabado 8 e domingo 9 de maio no recinto feiral FEXDEGA -con acceso pola parte traseira do pabellón-


Os cribados poboacionais con PCR efectuados os pasados luns 3 e martes 4 de maio no Concello de Barro non detectaron casos positivos de COVID 19

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, efectuará no pabellón municipal de Vilanova de Arousa mañá xoves 6 de maio de 2021 novos cribados poboacionais con PCR convencional cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos de COVID 19.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, vía SMS telefónico, á poboación de Vilanova de Arousa dentre 50 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que na localidade acada as 1.600 persoas.

Complementariamente o recinto feiral de FEXDEGA de Vilagarcía de Arousa -con acceso pola parte traseira do pabellón- tamén acollerá os vindeiros venres 7, sabado 8 e domingo 9 de maio novos cribados poboacionais con PCR convencional, nos que o SERGAS convocará a 4.800 vilagarciáns dentre 30 e 49 anos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade arousá.

Para levar a cabo ditos cribados nambas localidades, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará a partires das 9 horas polas mañás e ás 16:00 horas polas tardes con equipos de enfermaría que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras nasofarínxeas e aportando información aos usuarios.

Os resultados negativos destes cribados serán comunicados por SMS pola Área Sanitaria, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

Ningún positivo no cribado en Barro
Por outra banda, cómpre sinalar que os novos cribados poboacionais con PCR efectuados os pasados luns 3 e martes 4 de maio de 2021 no pabellón municipal de San Antoniño en Barro pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés non detectaron ningún caso de COVID 19.

O Servizo Galego de Saúde convocou a 1.440 persoas dentre 30 e 64 anos do municipio de Barro e, finalmente, se achegaron 875 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 60,76 por cento da convocatoria voluntaria nesta localidade.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas