Informámosvos de que, dende o luns 29 de xuño, permanecerá cortado ao tráfico un treito do cinto comarcal, a estrada provincial LU-P-1611, debido ao inicio dos traballos de construción da nova ponte sobre o río Azúmara.
O corte afectará ao tramo comprendido entre Mosteiro e Castroverde e o desvío, que quedará habilitado pola LU-P-1204, estará debidamente sinalizado.
As obras serán executadas pola empresa Grupo Bascuas 2008 SL e contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 650.000 euros.

