O Craega celebrou un novo pleno nas instalacións de Alibós, en Monterroso

Redacción

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) celebrou hoxe un pleno ordinario de fin de trimestre nas instalacións de Alibós, en Monterroso. O acto estivo encabezado polo presidente do Craega, Francisco López Valladares.

Unha vez finalizada a reunión, as persoas asistentes realizaron unha visita polas instalacións de Alibós, empresa certificada polo Craega con máis de cincuenta anos de historia e considerada na actualidade unha das maiores produtoras mundiais de castaña pelada e conxelada.

No encontro estivo presente o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte; o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez; o propietario e CEO de Alibós e presidente do Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá, e a responsable de Produción e Calidade de Alibós e vicepresidenta do Craega, Rocío Freire.

Comparte este artigo